A segunda etapa do Camiño Santiago a Muxía organizada pola Asociación Grandimirum, concluída
A segunda etapa do Camiño Santiago a Muxía organizada pola Asociación Grandimirum, concluída
Información
03 Septiembre 20162950 votos - Registrate para votar
A segunda convocatoria tivo unha afluencia máis alta de "peregrinos", sumándose máis de 20 viandantes.
Brandomil foi o final da etapa dos case 30 km.
En Brandomil, a 3 de setembro de 2016.- A iniciativa levada a cabo pola Asociación Gradimirum de Brandomil, de forma conxunta con veciños de A Pereira, San Cosme de Antes, Baiñas e Berdoias, cuxo fin é o recoñecemento do Camiño que pasaba por estas aldeas continua a súa andadura gracias a segunda etapa, celebrada hoxe sábado. O comezo da mesma foi en Vilar da Torre, punto de finalización da primeira etapa e con un final na propia parroquia zasense de Brandomil.
Nesta segunda etapa incrementáronse o número de "peregrinos" en facer dito tramo en máis dun 50%, chegando a ser máis de 20 persoas as que camiñaron os case 30km entre os dous puntos antes descritos.
O camiño transcorreu pasando as localidades de Trece, Costa, A Pereira, San Cosme, seguindo as indicacións das frechas azuis marcadas polas diferentes asociacións involucradas. O punto final desta etapa fíxose na famosa ponte de Brandomil, con un pequeno picnic para todos os camiñantes organizado pola Asociación anfitrioa, Grandimirum.
A terceira e etapa farase o próximo sábado 10 de setembro, dende Brandomil ata Muxía, percorrendo os últimos 30 kilómetros, e chegando a Muxía.
O Concello de Zas colabora coa asociación Grandimirum neste proxecto de recuperación histórica.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)