O R.C. Deportivo da Coruña gaña a I Copa Deputación de Fútbol Feminino
O R.C. Deportivo da Coruña gaña a I Copa Deputación de Fútbol Feminino
Información
04 Septiembre 20162509 votos - Registrate para votar
As xogadoras do R.C. Deportivo da Coruña proclamáronse esta noite gañadoras da primeira edición da Copa Deputación de Fútbol Feminino, tras vencer por 7 goles a 0 á S.. O Val de Narón na final deste campionato, celebrada no campo de fútbol de Sinde (Narón).
As xogadoras recolleron o seu trofeo de mans do deputado de Deportes da institución provincial coruñesa, José García Liñares, nun partido que contou tamén coa asistencia da deputada de Benestar Social, Ánxela Franco, encargada de entregar o premio ao equipo subcampión, e do deputado responsable da área de Patrimonio e Contratación, Xesús Soto.
Por vez primeira, a Copa Deputación de fútbol, un dos torneos máis antigos e con maior participación de cantos se celebran en Galicia, tivo tamén este ano unha edición destinada aos equipos femininos da provincia, na que participaron un total de 19 clubs da 2ª División Nacional e 1ª e 2ª División da Liga Galega, que se repartiron preto de 30.000 euros en premios, segundo os seus resultados na clasificación.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)