XA VAN DOUS ANOS DE RETRASO NAS OBRAS DA PISTA POLIDEPORTIVA DO COLEXIO DA LARACHA

Información
Elecciones de Galicia | 29 Diciembre 2016 | 4870 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

En xullo do ano 2014 adxudicábanse as obras para cubrir as pistas polideportivas do Colexio Otero Pedrayo da Laracha, unhas obras contratadas polo concello e cofinanciadas tamén pola deputación da Coruña que aportaba 300.000 dos 460.000 euros polos que foron adxudicadas. O 1 de agosto de 2014 anunciaba o goberno municipal da Laracha o inicio das obras, anuncio que podíamos ver do seguinte xeito na páxina web do concello: “As obras de construción do pavillón polideportivo do CEIP Otero Pedrayo da Laracha xa están en marcha despois de realizarse o trámite da sinatura da acta de replanteo do proxecto por parte do alcalde, José Manuel López Varela, o director de obra, responsables técnicos da Deputación Provincial da Coruña e representantes da empresa contratista, que éUnika Proyectos y Obras, SAU, entidade que presentou a mellor oferta das vinte e unha que concorreron ao proceso de contratación. O acto desenvolveuse no interior das instalacións do propio centro de ensino e ao mesmo tamén asistiron membros da comunidade educativa.”

Cinco meses era o prazo fixado para a execución desta obra. Resulta que transcurridos xa dous anos desde que rematou ese prazo inicial de execución as obras aínda están sen rematar; dous anos! E sabemos que desde o concello se solicitou á deputación unha prórroga para a execución do convenio ata xullo de 2017.

Non é de extrañar pois o cabreo e a indignación da comunidade educativa do Colexio Otero Pedrayo que leva convivindo coas obras dous anos e medio, que tivo durante este periodo que convivir tamén coas obras de construción do novo edificio para as aulas de infantil (con menos unidades das comprometidas) e que continúa aturando unhas obras que nunca dan rematado.

Desde o BNG da Laracha consideramos que o goberno municipal debe dar explicacións, que non é de recibo semellante retraso e que se existen incumprimentos por parte da empresa o concello debe usar os mecanismos previstos nos pregos de contratación e na lei. O concello é a administración contratante das obras e polo tanto a única responsábel das mesmas, e debe dar explicacións de semellante retraso.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600