A Asociación Grandimirum finaliza o camiño Santiago-Muxía pasando por Brandomil
A Asociación Grandimirum finaliza o camiño Santiago-Muxía pasando por Brandomil
Información
17 Septiembre 20163709 votos - Registrate para votar
A iniciativa levada a cabo pola Asociación Gradimirum de Brandomil, de forma conxunta con veciños de A Pereira, San Cosme de Antes, Baiñas e Berdoias, cuxo fin é o recoñecemento do Camiño que pasaba por estas aldeas finaliza o seu traxecto, no cal se percorreron case 100 km por rutas alternativas evitando a carretera xeral na súa gran maioría, descubrindo camiños que estaban intransitables dende fai moito tempo.
Nesta última etapa participaron máis de 23 persoas, que saíron dende Berdoias para finalizar a etapa diante da Capela da Virxen da Barca en Muxía. O Concello de Muxía quixo recibir a estes peregrinos da man do Teniente Alcalde, Samuel Lago e da concelleira de Turismo, Tania Romero. O alcalde non puido estar presente por temas de axenda. Deste xeito o concello muxían mostra o apoio a esta iniciativa.
Unha vez finalizado este primeiro recoñecemento do Camiño, os seguintes pasos que se darán para continuar con este proxecto serán os seguintes:
Identificación do trazado óptimo: unha vez feito o recoñecemento dos camiños funcionais, farase a marcación definitiva dos mesmos, para que todos aqueles peregrinos que queiran facer esta ruta alternativa a poidan facer sen ningún tipo de dificultade.
Recollida de documentación histórica para facer a petición de recoñecemento administrativo.
Promoción desta nova ruta alternativa do Camiño Santiago-Muxía.
O Concello de Zas colabora coa asociación Grandimirum neste proxecto de recuperación histórica.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)