O aumento dunha proteína no hipotálamo consegue diminuír masa corporal en ratas obesas

Información
21 Septiembre 2016 2569 votos - Registrate para votar

Cristina Contreras Jiménez

Investigadores do grupo NeurObesidad da USC descubriron un novedoso mecanismo molecular que demostra como o aumento dunha proteína no hipotálamo consegue que ratas obesas adelgacen sen deixar de comer, ao tempo que melloran o seu estatus metabólico diminuíndo ademais a diabete tipo 2 asociada.
A investigadora Cristina Contreras Jiménez está á cabeza deste traballo que parte da idea de que un dos mecanismos que subxace á epidemia da obesidade é un mal funcionamento do tecido adiposo pardo. Como explica, no corpo é posible atopar graxa branca e parda: a primeira acumula tecido adiposo como se se tratase de depósitos de enerxía, mentres que a parda actúa como unha estufa, queimando a propia graxa para producir calor e manter a temperatura corporal. Que sucede nun organismo obeso? Basicamente diminúe o gasto calórico –a capacidade de queimar graxa- ao tempo que se incrementa a masa corporal. Polo tanto, predominaría a graxa branca fronte á parda.
O novo achado que presenta Cristina Contreras na revista Diabetes, demostra que aumentando a presenza de chaperona GRP78, proteína tamén coñecida como BiP, no hipotálamo de ratas obesas conséguese transformar a graxa branca en parda, un fenómeno coñecido como browning e que produce a diminución de peso destes animais. Como explica a doutora Contreras a “inactivación do tecido adiposo pardo durante a obesidade dificulta a ‘queima’ de graxas e a disipación de calor, polo que ao conseguir cambiar a graxa mala (a branca) pola boa, estaremos en disposición de reverter a obesidade”.
Control dende o hipotálamo Tanto en estados de obesidade como de diabete prodúcese unha alteración no procesado das proteínas, que se acumularían mal pregadas –un fenómeno que se coñece como estres do retículo endoplásmico-. En animais obesos e diabéticos isto sucede no hipotálamo –zona do cerebro que regula o estado enerxético de todo organismo-, e ten como consecuencia a desactivación da graxa parda. No estudo realizado nos laboratorios da USC “diminuímos o estres do retículo endoplásmico no hipotálamo de ratas obesas, observando que non só se reactiva o tecido adiposo pardo senón que ademais a graxa mala convértese en boa, pasando de acumular graxa a queimala para producir calor”, explica Cristina Contreras Jiménez.
Estudos previos do mesmo grupo, liderado polo investigador Miguel López con financiamento do programa Starting Grant e que tamén se integra no Centro de Investigación Biomédica en Red-Fisiopatología de la Obesidad e Nutrición (CIBERobn), xa demostraran que as ceramidas inducen estres do retículo endoplásmico. Cristina Contreras subliña o interesante do mecanismo que os investigadores puideron reverter coa manipulación xenética dunha proteína que se encarga de re-pregar as proteínas mal pregadas. O resultado foi que “os animais obesos conseguiron adelgazar sen comer menos, ademais de corrixir a súa diabete, unicamente mediante a reactivación da graxa parda e, o que é completamente novidoso, a conversión dos reservorios de enerxía –graxa branca- en estufas que queiman máis graxa para producir calor (parda).
Loita contra a obesidade A implicación inmediata destes novos achados “permitirá identificar novas dianas terapéuticas para o tratamento da obesidade e a síndrome metabólica, que actualmente están alcanzando proporcións pandémicas nas sociedades occidentalizadas”, adiante a doutora Contreras. A propia investigadora reafirma a necesidade de seguir profundando nestes primeiros resultados, “a pesar de que se coñece que o hipotálamo xoga un papel importante regulando o metabolismo enerxético, os mecanismos moleculares implicados están comezando a ser dilucidados, non obstante aínda queda moito por descubrir. A ciencia escríbese moi amodo”.
O novo mecanismo descrito polo equipo emprazado no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) comparte similitudes cos mecanismos de acción doutras hormonas como as tiroideas, os estróxenos e o BMP8B, descritos tamén polo grupo compostelán, ou incluso coa nicotina, a uroguanilina e o liraglutide.
Starting Grant Esta investigación está financiada polo programa Starting Grant do European Research Council. Precisamente a hipótese central deste proxecto era demostrar que a obesidade podía promover estres do retículo endoplásmico e altera a masa corporal e o tecido adiposo pardo, hipótese que queda demostrada con este traballo. O proxecto contou tamén co financiamento da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta e o Instituto de Saúde Carlos III.
A revista Diabetes acaba de publicar o traballo co título ‘Reduction of Hypothalamic ER Stress Activates Browning of White Fat and Ameliorates Obesity’ e ten como primeiro asinantes á doutora Cristina Contreras e ao estudante de doutoramento Ismael González.

capmpanadepropinas

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago