Imprimir

A deputación de Pontevedra (PSOE) destina a comedores sociales "CERO EUROS" pero regala convites para a gala ano Castelao, Pladesemapesga recomenda aos indixentes e desfavorecidos solicitar convite en; no enderezo anocastelao@trisquelia.com

Información
Galicia | 01 Diciembre 2016 | 3705 votos - Registrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image

A partires de mañá, xoves día 1 de decembro, todas as persoas interesadas en asistir á Gala Ano Castelao poderán retirar ou reservar os convites. Os puntos físicos de retirada de convites establécense no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e na sede da Deputación en Vigo, e permitirase retirar un máximo de 2 convites por cada persoa. Tamén se activou o enderezo de correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.' para que as persoas que non se poidan achegar a estes puntos, teñan a opción de facer a reserva online, tamén por un máximo de dúas persoas

. Tanto os convites físicos coma as reservas online deben ser cambiadas por unha entrada numerada na billeteira do Pazo da Cultura o domingo 18 de decembro ata media hora antes do inicio da Gala. Os convites que non sexan cambiados na billeteira no tempo establecido serán postos a disposición do público, e as portas da billeteira abrirán a partires das 16:30 horas o día da Gala.  

 

A recollida de convites na sede da Deputación en Vigo -rúa Oporto, 3- poderá realizarse de luns a venres en horario de 9 a 14 horas, e no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra no horario de apertura habitual: de martes a sábado de 10 a 21h, e domingos e festivos de 11 a 14h.

Categoría: Galicia
Visto: 3705