Información
Galicia

ASOCIACIÓN DE TRABALLADORES DE INCENDIOS FORESTAIS DE GALICIA

Información
02 Diciembre 2016 4320 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

atrifoga1

O acto da fundación de ATRIFOGA tivo lugar en Silleda,na casa da Cultura do Concello,o pasado 5 de novembro.

 

O colectivo comprende 436 traballadores públicos do Servizo de Incendios da Consellería do Medio Rural (SPDCIF) de diferentes categorías (Enxeñeiros técnicos forestais, Brigadas helitransportadas, Condutores de motobombas, Vixiantes fixos, Emisoristas e Codificadores) en toda Galicia e nace de xeito espontáneo, independente e sen ningunfa filiación ideolóxica ante o desamparo legal fronte á Administración e pola marxinación da maioría das forzas sindicais.

 

Os traballadores teñen un tipo de contrato “blindado” de tres meses como máximo para efectuar os seus labores de extinción nos lumes - só nos meses do verán - o cal , non lles permite facer substitucións o resto do ano nin realizar traballos de prevención e sofren desprotección social ao estar limitados para acceder a diversos subsidios de desemprego e a algúns plans de formación, creándose situacións de precarización,inestabilidade e desigualdade laboral e estando excluídos do V Convenio Colectivo do Persoal Laboral da Xunta de Galicia.

 

ATRIFOGA denuncia a tendencia da Consellería á progresiva privatización e á segmentación do Servizo de Incendios en diferentes e numerosas entidades: públicas, públicas con xestión privada, privadas e municipais, o que repercute ,negativamente, na súa coordinación, operatividade e seguridade á hora de loitar contra os incendios forestais.

 

Aboga por un Servizo de Incendios único, público, igualitario e profesionalizado que reduza o alto custo que supón as angueiras de extinción. Considera que o capital humano que aportan é un gran recurso que pode ser empregado para desempeñar as necesarias e básicas tarefas de prevención e protección da masa forestal galega; pola súa contrastada experiencia (algúns deles levan encadeando entre 15/20 campañas), eficacia e formación.

 

ATRIFOGA ten un marcado carácter de defensa do ámbito forestal e de compromiso ecolóxico facendo fincapé nas políticas de prevención, que habería que realizar fóra da época de alto risco para evitar ou paliar os efectos destrutores dos lumes e minimizar as perdas económicas,ecolóxicas e sociais; mediante accións conducentes á educación e á concienciación medioambiental (erradicando a denominada “cultura do lume”) , á reorganización do terreo, á colaboración cos propietarios forestais e coas Comunidades de Montes, a adoptar medidas que aminoren o abondono do Rural, a pór en valor e xestionar a riqueza forestal e a fomentar a produtividade do monte con silvicultura e criterios de sostibilidade.

 

Ademais, a Administración podería utilizalos como persoal de emerxencias - segundo a Lei do Sistema Estatal de Protección Civil - para accidentes (como no pasado aconteceu no caso do naufraxio do Prestige, por exemplo ) ou catástrofes naturais

 

Por todo iso, requiren a prolongación dos seus contratos a nove meses para ter a consideración de persoal fixo descontinuo e optar a un contrato digno.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....