Información
Galicia

Ourense en Común recomendan lecturas de referencia co gallo do Día do Libro

Información
23 Abril 2016 2275 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

orenseencomunOs 3 concelleiros de Ourense en Común recomendannos outros 3 textos, que consideran de cabeceira e ateigados de referentes.

•   En suma son lecturas recomendables, que poden ser boas ferramentas para comprender o mundo de hoxe e preparar o do mañá.

   

"Un ideal por el cual vivo", de Nelson Mandela Por Miguel Doval Garza (Reseña completa no documento adxunto) Nelson Mandela é unha das persoas máis carismáticas que deu a política mundial e sen dúbida, todo un referente para min. Este libro recolle o sentido das loitas sociais e axuda a reflexionar sobre o mundo opresivo no que vivimos e o xeito de facelo mudar. Ourense en Común ten moito de todo iso, da defensa do entendemento colectivo para acadar as metas que nos propoñamos.

"Teoría de King Kong", de Virginie Despentes Por Ledicia Piñeiro Prada (Reseña completa no documento adxunto) Lin Teoría de King Kong fai como seis ou sete anos, nos primeiros anos de universidade, igual xa fai dez anos, non o sei; o caso é que foi un libro do que quedei namorada e impresionada a partes iguais. Este ensaio autobiográfico de Virginie Despentes é unha labazada na cara do patriarcado, do machismo puro e do machismo silencioso e sutil.

"Común: ensayo sobre la revolución en el siglo XXI", de Christian Laval e Pierre Dardotde Por Martiño Xosé Vázquez Mato  (Reseña completa no documento adxunto) Ourense en Común xurdía a inicios do verán de 2015 no Campus Universitario, nunha reunión de xentes activas no tecido asociativo local, na loita ecoloxista, na protección do noso patrimonio, na defensa das clases traballadoras e da maioría social agredida polas políticas neoliberais.

Na mesma época saía do prelo a primeira edición deste ensaio de case 700 páxinas, que afonda por igual na diagnose deses problemas, e nunha proposta proactiva para solucionalos.

Otros articulos relacionados.....