Imprimir

Visita institucional dos integrantes da Mesa do Parlamento ao Consello de Contas

Información
Galicia | 04 Abril 2016 | 15718 votos - Registrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image

20160402 parlamento 01Os integrantes da Mesa do Parlamento efectuaron esta mañá unha visita institucional ao Consello de Contas de Galicia, onde mantiveron unha reunión co conselleiro maior, José Antonio Redondo, e os demais conselleiros do órgano de control e fiscalización externa das contas do sector público autonómico.

A visita enmárcase na ronda de contactos que a Mesa do Parlamento iniciou en febreiro pasado cunha visita á sede do Valedor do Pobo para coñecer de preto o traballo que desenvolven este tipo de institucións e repasar a relación entre estas e a Cámara lexislativa.

O Consello de Contas, que acaba de ser renovado na súa totalidade, cumpre 25 anos de existencia en 2016.

Coa aprobación polo Parlamento da Lei 8/2015, do 7 de agosto, de reforma da lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas, e do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, para a prevención da corrupción, as competencias do Consello de Contas foron reforzadas, aspecto que foi abordado na reunión entre os membros da Mesa da Cámara e os conselleiros dese órgano de fiscalización.

Categoría: Galicia
Visto: 15718