OS SOCIALISTAS CONVIDOU A PESCA A VISITAR VILAGARCÍA PARA EXPLICAR ONDE ESTÁN AS SUPOSTAS ACTUACIÓNS DE SANEAMENTO DA RÍA

Información
Galicia | 01 Febrero 2017 | 3448 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, convidou hoxe ao director xeral de Pesca a visitar Vilagarcía para explicar “onde están as supostas actuacións de saneamento da Ría” encetadas polo Goberno galego. No debate dunha pregunta oral na Comisión de Medio Ambiente, lembrou que o compromiso de 2013 era destinar 11 millóns, dos que “aínda non investiron nada”.

O PP promete moi ben, pero cumpre moi mal”, dixo o responsable socialista para lembrar que a resposta do goberno galego diante da evidencia do seu incumprimento foi elevar a aposta e “no Pleno de decembro comprometer 23 millóns nos próximos catro anos”. Puxo en dúbida que esta actuación se vaia realizar por moito que a Comisión Europea teña pedido de novo unha sanción a España por falta de tratamento de residuos líquidos urbanos.

Torrado lembrou a visita, en 2013, dun equipo de comisionados da UE ás rías galegas, que concluíu cun informe “moi duro” advertindo de sancións e considerando as queixas dos colectivos “moi fundamentadas”. Os representantes dos colectivos medioambientais, así como os dos sectores extractivo e marisqueiro, veñen dando a alarma de forma reiterada pola situación preocupante pola falla de saneamento nas rías.

O responsable socialista puxo Arousa como exemplo da falla de compromiso de investimento para o saneamento das rías por parte do goberno galego, que “mira para outro lado” mentres deixa que se deteriore un dos principais activos medioambientais, turísticos e económicos de Galicia.