O circulo Podemos Vigo Oeste, ante as recentes dúas sentencias en firme do Xulgado número Cinco do Social de Vigo en contra da concelleira de ACE no Concello de Cangas e Membro do Consello Cidadán Autonómico de Podemos Galicia, sobre un asunto de explotación laboral contra Tania Castro, quere manifestar que: Ante o ostracismo de Podemos e en concreto dos órganos de Podemos Galicia perante esta situación, considerada e reflexada directamente no código ético de Podemos no seu título XI, apartado G, como: "El compromiso de renuncia al cargo público, interno del partido o a cualquier candidatura a los mismos en caso de ser imputado, procesado o condenado por las faltas y delitos que se determinarán en el Reglamento al efecto que habrá de publicar la Comisión de Derechos y Garantías, y que en cualquier caso incluirán siempre los delitos de corrupción, económicos, acoso sexual, violencia de género, pederastia y maltrato infantil, contra los derechos de los trabajadores, ecológicos y urbanísticos" como motivo de renuncia dos seus cargos representativos, se solicite oficialmente a dita persoa a súa dimisión como concelleira.
O círculo de Podemos Vigo Oeste considera que non podemos pedir á clase política o que non facemos nos mesmos, e que debemos predicar excrupulosamente co exemplo, e, de non facelo urxentemente ante calquer situación, estamos alimentando os medios de comunicación que pretenden derrubar a alternativa do cambio. Tamén solicitamos ó resto de Círculos de Galicia que se sumen a esta iniciativa de transparencia e ética política polo ben da organización