Absoltos os membros da xunta de goberno do Concello de Viveiro acusados pola Fiscalía se proba directa nin indiciaria de que os acusados, ou algún deles, outorgase a licenza con conciencia da súa inxustiza.

Información
Galicia | 10 Febrero 2017 | 4357 Votos | Correo electrónico | Imprimir

O Xulgado do Penal nº1 de Lugo absolveu aos membros da xunta de goberno do Concello de Viveiro acusados pola Fiscalía de prevaricación tras aprobar no ano 2009 unha licenza de obra maior para que a mercantil Vestas Nacelles Spain puidese ampliar a planta para a ensamblaxe de aeroxeradores que ten no municipio. Para a maxistrada, “non existe proba directa nin indiciaria de que os acusados, ou algún deles, outorgase a licenza con conciencia da súa inxustiza e con coñecemento de que o seu actuar era contrario ás normas urbanísticas”. A sentenza é recurrible ante a Audiencia Provincial.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Adjuntos:
ArchivoDescripción
Descargar este archivo (PA 148-16-E-ABSOLUTORIA.pdf)PA 148-16-E-ABSOLUTORIA.pdf