Información
Galicia

13 Deputados votan en contra das súas propias emendas

Información
26 Abril 2016 2542 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

- O Executivo Provincial considera que "a actitude totalmente incongruente" dos 12 Deputados do PP e do Deputado non adscrito responde "á súa estratexia conxunta de boicotear todas e cantas iniciativas partan do equipo de Goberno"

- "Esta estratexia é froito do síndrome presidencialista que padecen a voceira provincial do PP e o Deputado non adscrito, que están empeñados en facer todo o que sexa posible para paralizar a actividade da Deputación, con tal de satisfacer o seu tremendo ego"

- Os 13 Deputados manteñen bloqueada a aprobación definitiva do Orzamento, que se prevía levar ao Pleno de hoxe. Presentaron, no último día no caso do PP, unha ducia de alegacións e un recurso administrativo, que requiren de numerosos informes técnicos

- "O conxunto das alegacións tamén responden ao síndrome presidencialista. Tratan de recortar investimentos en todos os Concellos en beneficio de Becerreá e Mondoñedo, (mostra da complicidade destes Alcaldes), así como ralentizar toda a actividade da Deputación para que só se xestione un día ao mes, en detrimento dos lucenses"

- Aínda todas as trabas dos 13 Deputados, o equipo de Goberno celebrará un Pleno Extraordinario en maio para levar a aprobación definitiva do Orzamento. "Actuaremos respectando os informes técnicos e a lei; e con moita responsabilidade. Anteporemos, sempre, o interese colectivo dos máis de 350.000 lucenses dos 67 Concellos aos individuais da voceira provincial do Partido Popular e o Deputado non adscrito"

Os 12 Deputados do Partido Popular e o Deputado non adscrito presentaron este martes no Pleno sendas emendas á proposta do Goberno Provincial do Plan de Obras e Servizos para 2016 (POS), que contempla preto de 6 millóns de euros para obras nos 67 Concellos da provincia. Os votos destes 13 Deputados supuxeron a aprobación das súas emendas. Con todo, a continuación, xa na votación do POS emendado, os mesmos 13 Deputados votaron en contra das súas propias emendas e da aprobación deste plan, co fin de paralizar un investimento millonario para a totalidade de municipios lugueses. Son 4,5 millóns de euros da Deputación, achega que o Goberno Provincial decidiu cuadriplicar con respecto ao ano pasado, e aínda que estes 13 Deputados querían só duplicala, de feito así o aprobaron conxuntamente nun Pleno; e 1,2 millóns de euros dos propios Concellos.

O Executivo Provincial considera que "a actitude totalmente incongruente" dos 12 Deputados do PP e do Deputado non adscrito responde "á súa estratexia conxunta de boicotear todas e cantas iniciativas partan do equipo de Goberno. Esta estratexia é froito do síndrome presidencialista que padecen a voceira provincial do PP e o Deputado non adscrito, que están empeñados en facer todo o que sexa posible para paralizar a actividade da Deputación, con tal de satisfacer o seu tremendo ego. Ambos os dous contan, evidentemente, coa complicidade dos outros 11 Deputado do Partido Popular. Polo tanto, dun xeito totalmente irresponsable, 13 Deputados están a antepoñer intereses persoais e partidistas ao interese colectivo dos lugueses".

13 Deputados tamén bloquean a aprobación definitiva do Presuposto

"O mesmo está a acontecer co Presuposto da Deputación para 2016", remarca o Goberno Provincial. "Os mesmos 13 Deputados manteñen bloqueada a súa aprobación definitiva. Son capaces de paralizar a proposta de Orzamento do Presidente para os 350.000 lucenses dos 67 Concellos, que se centra en emprego, políticas sociais e mellora das infraestruturas. De feito, o Deputado non adscrito xa foi capaz de votar en contra da súa aprobación inicial, mentres o Partido Popular, consciente de que non podía votar en contra dunha proposta de Campos Conde para todos, optou por marcha do Pleno, nun acto de suma covardía e protagonizando unha auténtica escena teatral".

Alegacións e recurso administrativo

"Os 13 Deputados teñen bloqueado a aprobación do Orzamento porque presentaron preto dunha ducia de alegacións e ata un recurso administrativo. No caso do PP, fixérono no último día legal; feito que é inexplicable, pois transformaron as emendas de marzo en alegacións. É dicir, non tiveron traballo a maiores". O mesmo fixo o Deputado non adscrito, que tamén transformou as emendas en alegacións. Xunto a decena de alegacións do PP e do Deputado non adscrito, "é curioso" o feito de que un veciño de Becerreá presentase, exactamente, as mesmas emendas que o Deputado non adscrito.

"Síndrome presidencialista"

"O conxunto das alegacións tamén responden ao síndrome presidencialista e aos intereses persoais da voceira provincial do PP e do Deputado non adscrito. Pois, por un lado, e como mostra da xa non sorprendente complicidade que existe entre ambos os dous Deputados, coas alegacións tratan de recortar investimentos para todos os Concellos co fin de incrementar, exclusivamente, os de Becerreá e Mondoñedo. Co resto de alegacións, tratan de ralentizar a actividade da Deputación. Por exemplo, queren que os investimentos de 3.000 euros sexan aprobados no Pleno e non na Xunta de Goberno. Isto prexudicaría, gravemente, a todos os Concellos, asociacións, fundacións ou colectivos sen ánimo de lucro de toda a provincia, pois demoraríanse a aprobación de todas as axudas, e na Deputación só se xestionaría 1 día ao mes".

Pleno Extraordinario

Coa presentación das emendas e do recurso administrativo, 13 Deputados conseguiron que hoxe non fose ao Pleno a aprobación definitiva do Presuposto da Deputación para 2016. Pois cada unha das alegacións require dun informe de intervención e dun informe de secretaria xeral, mentres o recurso administrativo tamén require dun laborioso informe xurídico. En todo isto están a traballar a reo os técnicos provincias, pois o obxectivo do Goberno Provincial é levar a aprobación do orzamento a un Pleno Extraordinario en maio, aínda todas as trabas que segan a interpoñer 13 Deputados.

O Goberno Provincial remarca que "actuaremos respectando os informes técnicos, que establecerán a estimación ou non do conxunto de alegación e do recurso administrativo; e con moita responsabilidade. É dicir, anteporemos, sempre, o interese colectivo dos máis de 350.000 lucenses dos 67 Concellos aos individuais da voceira provincial do Partido Popular e do Deputado non adscrito".

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago