UN ACTIVISTA POLOS DEREITOS CIVÍS RECIBE UNHA NOTIFICACIÓN DE IMPUTACIÓN POR UN VÍDEO SOBRE A LIBERDADE DE EXPRESIÓN

Información
Galicia | 06 Marzo 2017 | 3107 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2017.- O activista compostelán polos dereitos civís Renato Núñez recibiu, por erro, este luns 4 de marzo unha notificación de imputación da Audiencia Nacional por un vídeo sobre a liberdade de expresión que subiu ás redes sociais, ao que equivocadamente atribúen un suposto delito contra Institucións do Estado.
 
O promotor da Plataforma polos Dereiros Civís afirma que non impulsa ningunha reacción a esta imputación ao entender que "hai un erro por parte da Fiscalía, pois o vídeo subido ás redes sociais Facebook e Twitter non fai ningún ataque contra ningunha institución, senón que defende que o acto gravado non se debe considerar delito". Así, está chamado a declarar o vindeiro 8 de marzo.
Este vídeo foi realizado no contexto das detencións de independentistas cataláns que queimaran retratos do monarca español durante a Diada, aos que se sumaron deputados e deputadas en solidariedade co fin de protexer o exercicio dos dereitos fundamentais e, entre eles, o da liberdade de expresión.
Deste xeito, Renato Núñez considera un erro esta notificación de imputación pois, precisamente, o que expresou coa gravación e difusión do vídeo é que ese feito non debe ser considerado delito, polo que non pode ser estimado como un ataque contra a Corona nin contra as Institucións.