BURROS CON GPS EN ALLARIZ

Información
Galicia | 08 Marzo 2017 | 5941 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

ALLARIZ COMBINA AS NOVAS TECNOLOXÍAS (GPS) CON MODELOS TRADICIONAIS DE PASTOREO EN EXTENSIVO

Allariz combina as novas tecnoloxías de xeolocalización (gps) con modelos tradicionais de pastoreo en extensivo para manter limpos espazos singulares no marco da Reserva da Biosfera Área de Allariz.

A comunidade de burros que habita en San Salvador dos Penedos, ao coidado da Asociación Andrea, están dotados dun gps que, ademais de permitirlles ampliar as áreas de pastoreo, axudará ao monitoreo dos animais de xeito que se podan controlar as zonas de tránsito rodado ao tempo que pemite visualizar o punto exacto onde se atopan.

O vindeiro xoves, o Concello de Allariz e a Asoicación Andrea presentarán este modelo pioneiro que mestura o tradicional co moderno co obxecto de manter superficies limpas e limitar a incidencia dos lumes.

DATOS DE LOCALIZACIÓN

Día: 9 de marzo de 2017

Hora: 11:00h

Lugar: San Salvador dos Penedos