OS SOCIALISTAS DENUNCIAN O VETO DA TVG NAS CAUSAS XUDICIAIS QUE AFECTAN AO PRESIDENTE DO CONSELLO CONSULTIVO
Información
31 Marzo 20172434 votos
A portavoz de Xustiza do grupo socialista, Patricia Vilán, denunciou hoxe un “novo veto” da televisión pública nas informacións referidas ás causas xudiciais que afectan ao presidente do Consello Consultivo, José Luis Costa Pillado. A socialista preguntou os criterios para “ocultar á cidadanía galega calquera crítica” ao representante do máximo órgano de control da legalidade en Galicia.
Vilán apuntou que tras facer unha análise da web da CRTVG, os socialistas non atoparon “ningún tipo de noticia” relacionada nin coa súa declaración nos xulgados como investigado pola Operación Cóndor, nin coa sentenza xudicial na súa contra por alterar as condicións laborais do persoal do órgano de forma “torpe e inxustificada”. O medio público tampouco informou sobre a rolda de prensa de Vilán na que o grupo socialista pediu o cese de Costa Pillado, a pesar de que a TVG estivo cubrindo esa comparecencia.
“Outra vez máis se mostra a manipulación por parte da CRTVG”, criticou a socialista, que trasladou a súa “alarma” ante as xustificacións do director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo, quen asegurou que na redacción non se enteraron destes acontecementos e por iso non informaron sobre o tema. “Se é así, é dramático”, afirmou a deputada, que lembrou que este tema si foi tratado en todos os principais medios privados de Galicia e ata de España.
“Houbo tres noticias diferentes e non se enteraron de ningunha delas”, ironizou Vilán, que lembrou que non se xustifica a argumentación de que hai outros casos xudiciais que tampouco se cubren, xa que “non estamos a falar de calquera cargo público, senón do presidente do máximo órgano de control da legalidade en Galicia” e “non é unha filtración, senón información sobre citacións e sentenzas públicas”.
El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia. Ese vacío legal ordena la prevalencia de la contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia. ver más...+ Documentos descagables;
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)