Información
Galicia

O FINANCIAMENTO SÓ CON IMPOSTOS DAS PENSIÓNS DE VIUDEDADE, ORFANDADE E A FAVOR DE FAMILIARES ¿NECESIDADE OU OPORTUNISMO?

Información
23 Junio 2017 2210 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Preténdese, por parte do goberno, facernos crer a través duns informes incertos ,  que a maioría das prestacións por morte e supervivencia son compatibilizadas e cobradas a vez que outras prestacións, polo que é  inxusto  por un lado  e que ademais supón un gran esforzo  para as arcas da seguridade social.

Dito análises non se axusta a la realidade xa que sete de cada dez pensionistas de viudedade ten ese ingreso como única fonte de rendas, e utilizo o termo feminino pois son as mulleres nun 90% as perceptoras de dita prestación.

A idade media de acceso a dita prestación está nos 60 anos  e o 83% fano cando teñen máis de 65 anos. E está claro que o fin é para transformalas en asistenciais e modificar a compatibilidade de prestacións da  Seguridade Social .

Levamos anos enfrontándonos o obxectivo de privatizar o sistema público de pensións , en  1975 privatizaron as pensións en Chile e Arxentina, en 1985  aprobouse en España a Lei de Pensións aumentando o cálculo das pensións de 2 a 8 anos; en 1989 apróbase a Lei de Fondos Privados de Pensións, lei que xa  nos apunta cal é o intererese do capitalismo, 1995 CCOO e UGT co apoio de tódolos partidos políticos  firman o Pacto de Toledo, a reforma máis silenciosa, 2007  a Lei 40/2007 de 4 de decembro, reforma de importante calado e no 2010 o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero anuncia unha reforma sen consultar os partidos representados na comisión do Pacto de Toledo,  e precipitadamente  desencadéase outras reformas polo goberno de Mariano Rajoy durante o 2012 e 2013.

É no PACTO DE TOLEDO, na primeira das súas recomendacións, na cal se fai referencia a Separación das fontes de financiamento deixando claro que, pensións contributivas financiadas exclusivamente con cotizacións sociais ( xubilación, viudedade, orfandade, incapacidade…) e pensións non contributivas ( sanidade, servicios sociais, asistenciais etc) con impostos.

Quedando claro que as pensións de morte e supervivencia son prestacións contributivas, porque aínda que a persoa que as percibe non realizou as cotizacións, si o fixo a persoa falecida e o fixo a unas continxencias entre elas risco de norte e supervivencia ¿con que dereitos se pode plantexar a expropiación de estos dereitos xa cotizados?vito1

A ministra de Empleo e Seguridade Social, Fátima Báñez, comparece na Comisión do Pacto de Toledo e plantexa que para  aliviar o déficit do sistema de pensións, terían que avanzar na separación das fontes de financiamento e financiar vía Presupostos Xerais do Estado (PGE) prestacións como viudedade ou orfandade (de morte e supervivencia).

Si é o conxunto da seguridade social  a que ten déficit, dito déficit non se solucionaría nunca retirando as prestacións de morte e supervivencia das cotizacións sociais, xa que representan uns  3,5 millóns de pensións, con unha pensión media de 643,5 euros mensuais, o  que non alcanzan a significar o 3% do PIB. Pero tal como se definía no Pacto de Toledo, o que si sucedería  é a modificación da súa natureza pasando a ser prestacións asistenciais e non contributivas, o que implicaría sometelas  de inmediato a un gran recorte de contías e dos dereitos que dan lugar a dita concesión, ademáis da case nula revalorización  durante anos.

Incluso o modificar a súa natureza e o pasar a ser asistenciais, o goberno podería transferilas as Comunidades Autónomas, o que provocaría maior desigualdade, xa que moitas das Comunidades Autónomas  atópanse sen recursos suficientes como para poder facerse cargo das mesmas.

Ademáis pretenden realizar  un cambio dunha prestación saltándose o Propio Pacto de Toledo, donde inequivocamente marca as prestacións de morte e supervivencia no grupo de contributivas,  para dunha forma escondida poidan someterse a recortes xeneralizados a ditas prestacións, incluso no caso tamén de incompatibilidade con outras prestacións do sistema, reduciríase moi pero que moi  pouco o gasto total das pensións e moito menos que fose nin mínima a aportación para sufragar o seu déficit.  

Ésta decisión por parte do Goberno e como decisión unilateral debería ser parado pola propia comisión do Pacto de Toledo  e polo conxunto das forzas sociais de noso país, xa que o único que buscan é a separar a loita por prestacións e así divide e vencerás.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+