A redución dos orzamentos para reparación de camiños, nova mostra do pasotismo do PPdeG na Xunta co rural galego
Información
13 Julio 20172699 votos
O portavoz parlamentario de Agricultura, Xosé Luís Rivas, denunciou no Parlamento o recorte na partida destinada a reparación de camiños rurais, o que interpreta como nova mostra do abandono do medio rural por parte da Xunta.
“O Plan marco de mellora de camiños rurais para 2016, que contaba cunha dotación de 20 millóns de euros, reduce os fondos dispoñíbeis en máis dun 60%, e por citar un exemplo concreto, o concello de Boimorto, no que eu resido, tivo o pasado ano unha asignación 72.457 euros e pasa neste exercicio a ter 29.388”, explicou o deputado pola Coruña.
Rivas argumentou na súa interpelación á conselleira de Medio Rural que este recorte “deixa as claras que os investimentos para desenvolver e mellorar a vida no rural non son un prioridade do Goberno do PP, xa que recorta partidas que inciden directamente na mellora de equipamentos e infraestruturas necesarias para potenciar a produtividade do agro galego”.
Para o Bloque, con esta diminución de fondos vitais para os concellos do rural, “o PP rexeita manter o esforzo de fondos públicos que permite mellorar a calidade de vida das persoas que viven no rural e que, ademais, contribúen a corrixir os desequilibrios territoriais e a fixar poboación no interior do país”.
O deputado nacionalista aproveitou este debate para reivindicar un mellor financiamento dos concellos galegos, “tema pendente porque o actual sistema condena aos alcaldes e ás equipas de goberno a mendigar en institucións superiores”, concluíu, tras instar á conselleira de Medio Rural a seguir o slogan do propio Feijóo “e demostrar que militan no rural”.
El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia. Ese vacío legal ordena la prevalencia de la contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia. ver más...+ Documentos descagables;
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)