A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo inicia unha nova etapa de mobilizacións centrada en denunciar as importacións masivas de leite non galego

Información
Galicia 05 Abril 2016 11304 votos - Registrate para votar

En 2015 entraron na Coruña e Lugo 166.904 toneladas de leite líquido e nata foráneos, ao tempo que as industrias restrinxían a produción na Galiza ou deixaban de recoller

A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo (PDSL) anuncia que, esta mesma semana, inicia unha nova etapa de mobilizacións que, desta vez, estarán centradas en denunciar a entrada de leite de fóra de Galiza para fornecer as industrias que operan na nosa terra.

Tras ter posto o foco nas prácticas comerciais abusivas das industrias, dos primeiros compradores e das cadeas de distribución alimentaria que operan no sector lácteo galego, queremos chamar agora a atención sobre un feito indignante: as provincias que máis leite producen de todo o Estado Español, A Coruña e Lugo, son as principais importadoras de leite foráneo. En concreto, n'A Coruña entraron 108.665 toneladas de leite e nata non galegos en 2015, mentres que en Lugo foron 58.239 toneladas. Estas importacións achéganse á cantidade de leite mensual que producen as nosas granxas, que en xaneiro de 2016 foi de 221.510 toneladas, e en febreiro de 211.578 tn.

Para a PDSL é inadmisible que as industrias afincadas na Galiza estean a importar leite e nata de maneira masiva cando lles están a impoñer ás nosas granxas fortes restricións á hora de producir, cando hai empresas que deixan de recoller de maneira arbitraria, e cando utilizan a sobreprodución como escusa para afundir os prezos en orixe até niveis de absoluta miseria. Respecto disto último, temos que seguir denunciando que o acordo lácteo non mellorou a situación das nosas granxas; máis ben empeorouna: nos novos contratos que se están a asinar para a nova campaña 2016-17 son cada vez máis as explotacións que se ven forzadas a vender total ou parcialmente a súa produción por baixo dos 20 céntimos, supostamente para leite en po. Neste senso, non sobra lembrar que o Ministerio de Agricultura cifrou os custes de produción para unha granxa media galega en 34 céntimos por litro.

Diante desta situación insostible, e tras quedar patente a absoluta ineficacia da Consellaría de Medio Rural e do Ministerio de Agricultura para achegar solucións a esta crise, a PDSL iniciou unha nova vaga de protestas cunha manifestación diante dos edificios administrativos da Xunta, en Santiago de Compostela, o pasado 31 de marzo. Tras esta primeira acción, a PDSL convoca unha nova asemblea gandeira para o vindeiro venres, 8 de marzo, na área de servizo de Outeiro de Rei na Autovía A6. Nesta xuntanza organizaremos entre todos e todas a vixilancia dos camións cisterna que veñen de fóra de Galiza cargados de leite para fornecer as nosas industrias de cara a denunciar as prácticas dunha patronal leiteira que están levando á ruína miles de familias gandeiras na Galiza.

PopFeed: El destinatario de correo electrónico especificado está vacío o no es válido. Verifique las opciones y inténtelo de nuevo.

TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600