Feijóo abandona aos galegos para favorecer un modelo industrial “colonial” convertendo a ciudadanía en verdadeiros exclavos da antiguedad.

Información
Galicia | 24 Septiembre 2017 | 3210 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Diante das graves consecuencias que terá a aprobación -pola vía de urxencia- da Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais que o Partido Popular pretende impor en Galiza, a CIG ten convocadas asembleas de delegados/as para o vindeiro día 3 de outubro en todas as comarcas. A central sindical pretende así avaliar o alcance desta medida coa que o Goberno de Feijóo pretende facilitar, mesmo con subvencións públicas, que empresas de fóra asalten o noso territorio -aínda que teñan custos ambientais e sociais- mentres deixa ao pairo os nosos sectores produtivos.

 

Deixa sen protección o interese xeral coas modificacións que introduce nos procesos de tramitación administrativa de determinados proxectos para que a Consellaría de Industria impoña o seu criterio por enriba de calquera outra, convertendo de facto a Dirección Xeral de Minas como segundo organismo con máis poder sobre o territorio, só por debaixo do Consello da Xunta. 

O PP pretende darlle vía libre ás empresas que queiran instalarse no noso país

Para a CIG, con esta Lei o Goberno do PP presidido por Feijóo pretende desregular, rebaixando e mesmo eliminando requisitos de protección do medio ambiente, de conservación do patrimonio, sociais e demais para dar vía libre a, entre outras, empresas mineiras e pasteiro-enerxéticas que queiran instalarse en Galiza.

Non apoia os nosos sectores produtivos

Pola contra, mentres favorece a instalación de empresas foráneas de calquera natureza, esquece introducir medidas de apoio e impulso aos nosos sectores produtivos que permitan a recuperación e consolidación do tecido empresarial galego, favorecendo así o crecemento económico de Galiza e a creación de emprego en condicións dignas.

A consecuencia inmediata da aprobación desta lei será a redución dos controis medio ambientais, da participación cidadá e dos requisitos administrativos convertendo así a Galiza no paraíso no que calquera empresa dedicada a actividades industriais e económicas problemáticas poida instalarse.