Información
Galicia

Esquerda Unida considera vergoñento e indignante que empresas como Air Europa sigan a lucrarse a costa dos voos de deportación

Información
04 Mayo 2016 1922 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Sofía Díaz, responsable da área de Políticas Sociais de EU, di que "levamos anos a reivindicar o peche dos CÍEs, a esixir a fin dos voos da vergoña e da persecución policial racista e denunciando a constante perda de dereitos das persoas migrantes".

Compostela, 04 de maio de 2016. Esquerda Unida mostra a súa indignación e repulsa ao coñecer que, de novo, un ano máis, o Ministerio do Interior volve adxudicar un contrato millonario para as deportacións masivas de persoas migrantes a Air Europa e Swiftair, do conglomerado Globalia, empresas que seguen a lucrarse sen ningún tipo de escrúpulos no que a Dereitos Humanos se refire.

"No ano pasado, no noso país foron detidas máis de 40.000 persoas só pola súa situación administrativa irregular e, en Galicia, unhas 600 foron perseguidas e detidas en redadas racistas. Delas, unhas 9.000 persoas acaban recluídas en CÍEs (Centros de Internamento para Extranxeir@s) e, a metade, deportadas nestes voos subvencionados polo Ministerio, vulnerando os dereitos humanos máis fundamentais e sen garantía legal algunha, pois moitas delas nin sequera son deportadas aos seus países de orixe ", sinala Sofía Díaz.

Este contrato foi adxudicado, de novo, a Air Europa "aínda sabendo que a proposta non acreditaba a mellor puntuación, no entanto, o conglomerado Globalia levouse un contrato de 12 millóns de euros para lucrarse vulnerando dereitos humanos fundamentais", explica Sofía Díaz.

Dende Esquerda Unida denunciamos unha vez máis estes voos de deportación que se enchen con supostos criterios de eficacia e eficiencia. En palabras de Sofía Díaz, "cando hai que encher un voo comeza unha intolerable cacería para as persoas migrantes, polo que esiximos que cese esta persecución policial racista e os propios voos de deportación".

Neste senso, para a responsable de Políticas Sociais de EU, "estas redadas policiais racistas son inadmisibles en democracia, polo que hai que impedilas de inmediato e poñer os medios necesarios que garantan uns dereitos fundamentais para toda a cidadanía".

Otros articulos relacionados.....