Información
Galicia

O PROXECTO DE REFORMA DA LEI GALEGA DE SAUDE DO PPdeG, MANTEN AS ESTRUTURAS DE XESTIÓN INTEGRADA (EOXIS) PARA DETRUIR A ATENCIÓN PRIMARIA

Información
26 Octubre 2017 2450 votos

As Estruturas de Xestión Integrada (EOXIS), creadas polo goberno do PP, anularon as Xerencias de Atención Primaria (AP). Os Centros de Saúde pasaron a depender das Xerencias Hospitalarias, o que supuxo unha enorme perda de poder e de recursos para o primeiro nivel asistencial, para os seus profesionais e usuarios.


 

1.- Perda de financiamento:

 

Dende o 2010, data de entrada en vigor das EOXIS,  o orzamento hospitalario creceu de 2.197 millóns de euros no ano 2010 a  2.270 no 2017,  mentres que o de Atención Primaria medrou nese mesmo período de 492 millóns a 466 (Figura 1). A diferencia orzamentaria entre  hospitais  e  AP aumentou do 43,3% ao 51% (incrementou nun 15,1%)  (Figura 2). A participación da AP no orzamento sanitario pasou ao 13,1% do total, moi por debaixo do 15,4% da media española ou do 25% que se fixou como óptimo no Plan de Mellora e na Estratexia AP 21.

 

 

2.- Redución de persoal:

 

 

Entre 2009 e 2015 o goberno do PP reduciu 1.795 prazas na sanidade pública; 1.154 en AP (64,3%) e 641 nos hospitais (35,7%). O persoal facultativo recortárono en 513 prazas,  das que 392 foron en AP (76,4%) fronte a 121 nos hospitais (23,6%). Como consecuencia máis do 50% das cotas están masificadas, con máis de 1.500 tarxetas individuais por médico/a (as sociedades científicas indican que non deberían superar as 1.250). Esta situación obriga a atender unha media de entre 40 e 50 pacientes ao día, o que repercute na calidade da atención e na capacidade resolutiva, e obriga a enviar de xeito innecesario a moitos pacientes ao hospital, colapsando as urxencias e incrementando as listas de espera. En algúns Centros de Saúde, a espera para acudir a consulta chega a superar a semana, algo inadmisible no primeiro nivel asistencial.

 

 

3.- A supresión das Xerencias e a integración da AP nos hospitais someteu aos Centros de Saúde ás xerencias e servizos hospitalarios. Hai unha enorme diferenza de poder entre os coordinadores dos equipos (case sen competencias) e as xefaturas de servizo hospitalarias, fortemente xerarquizadas; a desigualdade en orzamentos, persoal e recursos tecnolóxicos, e a dispersión dos Centros de Saúde convirten a éstes en apéndices ao servizo dos hospitais.

 

 

Como consecuencia:

 

 

Hai unha redución notable de profesionais en AP, con repercusión negativa na calidade asistencial e na capacidade de resolver problemas de saúde sen precisar derivación ao nivel hospitalario.

 

 

En moitas áreas sanitarias os xefes de servizo hospitalarios controlan as interconsultas e derivacións decididas polo persoal facultativo dos Centros de Saúde 

 

 

A perda da capacidade de xestión impide á AP controlar as prioridades e os tempos de espera. Isto facilita que algúns servizos hospitalarios manexen as listas segundo os seus intereses.

 

 

Por todo iso desde a AGDSP esiximos:

 

 

1.- A retirada do Anteproxecto de reforma da Lei Galega de Saúde, que perpetúa as Estruturas de Xestión Integrada.

 

 

2.- Restituír as Xerencias de AP e dotalas de medios e recursos para reforzar a capacidade de resolución.

 

 

3. Desenvolver a Lei Galega de Saúde do ano 2008.

 


 

 

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago