
A Asociación Sociocultural ASCM, grazas á financiación da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Benestar, e a Unión Europea, mediante o FSE, porá en marcha este proxecto, que ten por obxecto o fomento da autonomía dixital das persoas con discapacidade ao mercado laboral. A partir do 7 de xaneiro, a entidade, dentro da súa vocación de promoción da inclusión social, comezará a impartir o obradoiro de Informática e Novas Tecnoloxías: “Conéctate ASCM”, que persigue mellorar competencias fundamentais como son o manexo básico de equipos informáticos (paquete Office, etc) así coma o coñecemento de trámites, apps, etc. que poidan ser de utilidade para as persoas participantes.
Adxuntamos, a continuación, nota de prensa e cartelería da iniciativa.