social youtube xornalgalicia   feed-image
Presentación nova plataforma IDEPO

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao deputado delegado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, presidiu esta mañá o encontro informativo coas alcaldesas e alcaldes de concellos da provincia para informalos sobre as novidades impulsadas desde a Área de Novas Tecnoloxías da institución provincial. Ao respecto, a presidenta explicou que a reunión tiña por obxectivo "dar a coñecer o proxecto IDEPO, o servizo de asesoramento de protección de datos de entidades locais e o Backup na nube que converterán Pontevedra nunha provincia intelixente". Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG). Xunta de Galicia....(+)  Sra Carmela a Xunta de Galicia xa dedica moreas de cartos públicos no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia - Xunta de Galicia, súa inicitiva choca frontalmente duplicando o gasto dos servicios públicos.