A manipulaciópn de CRTVG polo PPdeG chega a límites de Xulgado de Guardia ao INVENTAR UNHA SUPOSTA DETENCIÓN DUN CONCELLEIRO SOCIALISTA.
A manipulaciópn de CRTVG polo PPdeG chega a límites de Xulgado de Guardia ao INVENTAR UNHA SUPOSTA DETENCIÓN DUN CONCELLEIRO SOCIALISTA.
Información
05 Diciembre 20173573 votos - Registrate para votar
Luis Álvarez pregunta “onde están os escrúpulos do suposto código deontolóxico do ente” que lle impediu sinalar que un integrante dunha célula xihadista detido fora militante do PP
Santiago de Compostela, 04 de decembro de 17. O portavoz do PSdeG na Comisión de Control da CRTVG, Luis Álvarez, presentou unha serie de iniciativas parlamentarias nas que denuncia “manipulación e mentiras” na CRTVG ao sinalar que o tenente de alcalde de Lalín “fora detido” como suposto autor de varios delitos. Lembra que o concelleiro en realidade comparecera voluntariamente ante a Garda Civil como investigado.
O responsable socialista lamenta a “obvia falta de verdade” da nova publicada na web do ente público e o “tamén obvio coñecemento que os profesionais da TVG teñen da diferenza entre acudir a unha citación e ser detido para declarar”, co que “nos atopamos ante un caso máis de manipulación política da inforamción”.
Lembra que este mesmo xoves o propio director xeral da CRTVG defendera “con notable vehemencia” o escrupuloso respecto a un suposto código deontolóxico que lles levou a censurar a unha redactora para impedirlle sinalar que un detido en setembro como integrante dunha célula xihadista fora membro do PP en Ceuta.
Álvarez apunta que por moito que o director xeral advirta que este código dos servizos informativos era “máis esixente que os dos outros medios de comunicación”, unha vez máis “os feitos poñen en evidencia que non é así”.
Sinala que “os servizos informativos da CRTVG manipulan as novas con implicacións políticas de xeito que reduzan o impacto e eliminen calquera incidencia negativa sobre o PP e, pola contra, magnifican e mesmo menten cando se trata de prexudicar a outros partidos políticos”.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)