Información
Galicia

ATRIFOGA CELEBRA A SÚA PRIMEIRA ASEMBLEA ORDINARIA ANUAL EN SILLEDA

Información
08 Diciembre 2017 3355 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

atrifoga foto2A Asociación de Traballadores de Incendios Forestais de Galicia de Tres Meses
(ATRIFOGA), constituída o 5 de novembro 2016, vén de celebrar - o pasado sábado día 2 de
decembro - a súa primeira Asemblea ordinaria anual, no salón de actos da Casa da Cultura
de Silleda, para analizar o percorrido feito durante este ano de andaina e tomar decisións
sobre as liñas a seguir nas súas reivindicacións.

 

ATRIFOGA engloba a 436 traballadores do SPDCIF (Servizo de Prevención e Defensa
Contra Incendios Forestais) que só prestan os seus servizos tres meses ao ano e naceu ante
o desamparo ao que están sometidos/as fronte á Administración por mor dunha modalidade
de contratación que os/as limita a traballar só nos meses do verán, sen poder facer
substitucións - no propio SPDCIF - o resto do ano e sufrindo desprotección e inconvenientes
para o acceso a outros empregos ou a axudas sociais.

A Asociación denuncia, unha vez máis, a precariedade, inestabilidade e
desigualdade que supón estar nesa situación de incerteza laboral, excluídos do Convenio
Colectivo do Persoal Laboral da Xunta de Galicia. Avogan por un servizo único (evitando a
segmentación e a descoordinación das diferentes entidades que conforman o dispositivo:
públicas, privadas, públicas con xestión privada, comarcais, municipais, civís e militares);
igualitario (impedindo as diferenzas laborais e salariais entre traballadores); e público (dado
que a prevención e a loita contra o lume constitúen un servizo de interés xeral, que non debe
estar sometido a lucro económico, debe ser xestionado, íntegramente, pola Xunta e, con iso,
non favorecer o desmantelamento do Servizo Público de Incendios, xa que non se cubren
unha boa parte das vacantes que se producen)

Demandan da Administración a ampliación do tempo de contratación dos/as
traballadores/as temporais e que dimensione o Servizo diante do novo escenario xurdido
dende hai anos no que a incendios forestais se refire, levando a cabo - aparte dos labores de
vixiancia, detección, coordinación e extinción - as básicas tarefas de prevención,
rexeneración forestal e atención ás emerxencias rurais, que aparecen recollidas tanto no
propio Convenio como na legislación vixente de emerxencias e de protección civil.

Tendo en conta o cambio climático (que xera sequías máis intensas e aridez
extrema), o despoboamento e abandono do rural (polo cambio de uso e perda de
actividades agrogandeiras e forestais que provocan a acumulación de biomasa vexetal sen
xestionar), a desestacionalización do risco dos lumes (xa que arde en calquera época do
ano), a vulnerabilidade das zonas periurbanas nos lumes de interface (onde as zonas
urbanas entran en contacto coas forestais, como poden ser urbanizacións e núcleos rurais
illados, co conseguinte problema de seguridade cidadá poñendo en perigo bens e persoas) e
a nova tipoloxía de grandes incendios forestais (que xeran situacións multiemerxencia e
colapsan os servizos de extinción); a Administración debe mudar a súa estratexia contra o
lume dando prioridade ás políticas preventivas e crear unha maior resistencia do monte
ante eses incendios tan severos, de xeito que se eviten ou se minimicen os efectos e as
perdas que provocan as miles de hectáreas calcinadas.

Ao longo deste exercicio, ATRIFOGA, mantivo xuntanzas e conversas con distintos
departamentos da Xunta de Galicia (Consellerías de Medio Rural e Función Pública), e
con diferentes colectivos de traballadores/as doutras consellerías (tamén, en situación de
precariedade), Comunidades de Montes, organizacións sindicais, asociacións ecoloxistas e
da industria forestal, distintos grupos parlamentares, etc. Segue pendente de realizarse
unha xuntanza coa Conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, a pesares das
reiteradas solicitudes de audiencia, así como novas reunións coas demais consellerías para
procurar solucións axeitadas para todo o persoal temporal, favorecendo a
optimización do Servizo e acadando unha mellor xestión dos recursos públicos que
remate, dunha vez por todas, cos dramáticos incendios forestais que cada ano sofren os
nosos montes e os bens ,persoais, materiais e medioambientais, de Galicia.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+