Imprimir

Denuncian que Feijóo negouse a identificar aos funcionarios que invitaban a viños e pinchos para convecelos e permitir vertidos da mina e San Fix

Información
Indice corrupción sistémica Galicia | 17 Septiembre 2021 | 2302 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image
EXCLUSIVA: El Gobierno del PPdeG en la Xunta reconoce en documento público  que no dispone de profesionales para controlar el Medio Ambiente ni la  contaminación, solo existen para cursos y masteres privados. -
Pinchos, viños e metais pesados: indicios de delito de negociacións prohibidas na autorización de vertidos á mina de San Finx
 
  • Ecoloxistas en Acción denuncia que A  Xunta negouse a facilitar os nomes dos altos funcionarios involucrados nas reunións (con viños e pinchos) para desbloquear a autorización de vertidos da mina de San Finx.
  • A organización ecoloxista anuncia que levará o “cúmulo de ilícitos penais” aos Xulgados nunha acción contra Augas de Galicia.

Ecoloxistas en Acción ven de denunciar unha serie de encontros e reunións que ven artellando a Xunta de Galicia, en connivencia coa filial do Grupo SACYR, para tentar desbloquear a autorización de vertidos da mina de San Finx. Trátase dun procedemento pendente desde 2016 e cheo de irregularidades, fraudes e mentiras, comezando pola propia ausencia de avaliación de impacto ambiental para unha mina que ven causando impacto continuado con metais pesados na ría de Muros-Noia.

Logo de diversas reunións privadas con altos cargos do Partido Popular nas que se asegurou que a autorización sería outorgada en cuestión de meses, “custase o que custase”, Ecoloxistas en Acción tivo noticia de que o 26 de xullo produciuse unha primeira reunión de alto nivel nas dependencias da Xunta en San Caetano, na que participaron o Vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde; a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez; a Conselleira do Mar, Rosa Quintana; a Directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez; a Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría; e a Directora do INTECMAR, Covadonga Salgado.

O obxecto da reunión, á que tamén asistiron os alcaldes de Lousame, Noia e Porto do Son, máis non o de Outes, que foi excluído por ser o único non electo en listas do Partido Popular, non era outro que tentar desactivar a oposición das catro confradías de pescadores da ría, asegurando que o novo tratamento das augas residuais da mina que Sacyr presentara un mes antes sería totalmente efectivo e que a explotación mineira estaría en funcionamento nun prazo de 10 meses.

A pesar de que Ecoloxistas en Acción solicitou daquela á Xunta información sobre a convocatoria, incluindo os custos das amenidades ofrecedidas aos asistentes, esta negouse a responder, motivando unha denuncia ante Comisión de Transparencia por vulneración dos dereitos de acceso á información pública. A Xunta non quixo nin dar os nomes dos asistentes nin indicar cal fora a axenda e resultados da reunión, da que se tivo noticia mediante filtracións de funcionarios da propia Xunta.

Posteriormente, segundo soubo Ecoloxistas en Acción, produciuse unha segunda reunión no día 10 de setembro. Desta vez nas instalacións propiedade da mina en Lousame, e xa con técnicos de Augas de Galicia, incluindo a propia funcionaria instructora do procedemento de autorización de vertidos do departamento de minas e da propia empresa mineira. Foron convocadas de novo as confradías da ría e durante a visita os técnicos participantes expresaron as bondades do proxecto de tratamento proposto ao tempo que se insinuaba que a resolución favorable era “inminente e imparable”.

Ecoloxistas en Acción denuncia as escuras manobras da Xunta para tentar desarticular a oposición social frente ao enorme problema de contaminación por metais pesados que xera a mina de San Finx e contrasta estas reunións e outras a porta pechada, que ao seu xuizo presentan elementos indiciarios dun presunto delito de negociacións prohibidas a funcionarios públicos. Denuncian ademais a total opacidade frente ás repetidas solicitudes de acceso á información e personación no expediente mineiro por parte de colectivos ecoloxistas, que, ao igual que as confradías, alegaron no seu día en contra do proxecto personándose no procedemento.

Ante a negativa da Xunta de reconducir a situación de ilegalidade da mina de San Finx, e logo de facer caso omiso a todos os escritos presentados por Ecoloxistas en Acción e outros colectivos, a entidade ambientalista adiante que porá en coñecemento das instancias xudiciais o que considera un cúmulo de ilícitos penais por parte dos funcionarios e autoridades de Augas de Galicia responsables do procedemento de vertidos.
Categoría de nivel principal o raíz: Galicia
Categoría: Indice corrupción sistémica Galicia
Visto: 2302