Información
Galicia

Lavado de cara da praia da Alameda

Información
21 Enero 2018 2670 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Foto PraiaAlamedaEntre o 7 e o 19 de xaneiro, voluntarios da Funda-ción Fragas do Mandeo acometeron as tarefas periódicas de mantemento ecolóxico da praia da Alameda, dende o seu extremo norte até a ponte da N-651. Os resultados fo-ron a recollida de 424 quilos de residuos localizados no intermareal, nas dunas e na zona húmida adxacente.

Tamén revisamos a reinfestación de especies exóticas invaso-ras, eliminando 23 plumachos (Cortaderia selloana) e dous focos de crocosmias (Cro-cosmia x crocosmiiflora).

O mellor areal do espazo natural protexido

A praia da Alameda é o areal con maior valor ecolóxico de todo o espazo natural pro-texido ZEC Betanzos-Mandeo, integrado na Rede Natura 2000.

No ano 2011 o seu sistema dunar estaba inzado por centos de plumachos (Cortaderia selloana), entre outras especies exóticas invasoras, e o lixo imperaba tanto na praia como na zona húmida. Por ese motivo Fragas do Mandeo iniciou daquela unha cam-paña de conservación que continúa na actualidade, na que os seus voluntarios teñen erradicado 9 especies exóticas e recollido periodicamente o lixo, sumando centos de quilos.

Diversidade de residuos

Entre os residuos retirados destacan por peso os restos de aparellos da actividade pes-queira e marisqueira (redes, cordas de bateas, cabos, nasas e sedelas). Esta clase de residuos é especialmente perigosa para as aves, tartarugas e mamíferos mariños, pois poden enredarse neles e afogar. A actividade pesqueira tamén abandona no mar gran cantidade de poliespán, que se fragmenta facilmente en numerosas pezas de diminuto tamaño que son confundidas con alimento polos animais. Tamén supoñen un gran im-pacto as toalliñas hixiénicas: son tecidos sintéticos que tardan moito en degradarse e, tras enredarse nas algas, son difíciles de localizar. Non faltaron as latas de bebidas, os cachos de vidro, as bolsas de plástico, os palillos das piruletas, compresas, cabichas, calzado e canto obxecto poida imaxinarse. Como refugallos máis perigosos encontra-mos dúas grandes baterías enterradas na area. NOTA DE PRENSA

Un mar de residuos

O traballo de retirar lixo na costa é digno de Sísifo. Cada marea trae novos restos, es-pecialmente cando son intensas e o mar está axitado. Con tempo bonancible, Fragas do Mandeo ten calculado que á praia da Alameda chega en cada marea uns 25 kg de li-xo. Xa que logo, a limpeza da costa debe ser unha acción continuada ó longo do ano.

Segundo o informe realizado no 2016 pola Fundación Ellen MacArthur (The New Plas-tics Economy. Rethinking the Future of Plastics), de continuar o ritmo actual, no ano 2050 o peso de tódolos plásticos presentes no mar superará o peso de tódolos seus peixes. Aínda que existen concentracións elevadas de plásticos nos cinco xiros oceáni-cos que forman as grandes correntes mariñas (as denominadas "illas de lixo"), en rea-lidade a máxima concentración de lixo atópase na costa, onde é máis fácil e eficiente a súa retirada.

Fragas do Mandeo anima á cidadanía a que participe directamente na recollida de plásticos e outros refugallos das praias, ben individualmente cando as visita, ou ben organizadamente como voluntario ambiental. Basta con poñerse en contacto connosco a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou do teléfono 981 105 903.

Os residuos naturais cumpren unha función

Fragas do Mandeo abstívose de retirar da praia os restos orgánicos naturais (algas, paus, pólas e troncos), pois forman parte do ciclo de nutrientes da praia e sosteñen a numerosos invertebrados que forman parte da cadea trófica. Entre eles atópase na Alameda o escaravello das praias (Eurynebria complanata), un coleóptero nocturno en franca regresión que depreda pequenos crustáceos que a súa vez aliméntanse da ma-teria orgánica que abandona a marea.

Un arbusto único en toda a provincia

No 2014 Fragas do Mandeo localizou un exemplar dun arbusto descoñecido na bisba-rra. Identificado por botánicos da Universidade da Coruña, resultou ser Dorycnium rec-tum, coñecido en castelán como emborrachacabras. De distribución eminentemente mediterránea, a praia da Alameda é a única localización coñecida na provincia de A Co-ruña, polo que no seu día enviamos unha poliña á Universidade de Santiago e agora forma parte da colección do Herbario SANT. Nestas datas puidemos comprobar que se atopa en bo estado e incluso se ten reproducido, contando actualmente con 14 exem-plares.

Más información sobre a campaña de conservación do litoral en:

http://www.fragasdomandeo.org/campanas/litoral/

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia...Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago