Información
Galicia

Cincuenta carballeses e carballesas se foron de Semana Santa a vila irmá de L Isle Jourdain

Información
30 Marzo 2018 1172 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O grupo de carballeses e carballesas, no autobús

Coa incorporación do concelleiro de Cultura e Deporte, Marcos Trigo, na xornada de hoxe xa son 51 os/as veciños/as de Carballo que están a pasar estes primeiros días da Semana Santa en L’Isle Jourdain.

Nesta ocasión a viaxe non se realizará para a festa Escolta e Minja, como viña sendo habitual, porque coincide co San Xoán. Deste xeito, as dúas vilas irmás tamén celebrarán este ano as súas festas máis importantes nas mesmas datas.

A expedición arrancou o sábado pola mañá desde a Praza do Concello para percorrer os 990 quilómetros que separan Carballo de L’Isle Jourdain. Os tres días completos que levan en terras galas están resultando moi intensos en canto a actividade culturais e turísticas, con visitas a lugares de interese pero tamén concertos, cine ou iniciativas deportivas, xa que boa parte dos/as participantes son mozos e mozas.

A presidenta do Comité de Irmanamento con L’Isle Jourdain, Ana Cancela, destacaba hoxe a gran motivación de todo o grupo, “e malia a choiva que nos acompaña estes días a experiencia está sendo espectacular”, asegurou. Mañá mércores haberá actividades deportivas para a xuventude, museo para os/as adultos/as e, para todos, visita a Auch, a terra de D’Artagnan. O xoves pola mañá poñerán rumbo a Carballo.

Pero mentres este nutrido grupo se atopa en terras galas, a actividade francófona continúa en Carballo, porque nesta Semana Santa non deixaron de celebrarse dúas das propostas continuadas máis importantes: o café-conversación e o club de lectura. E tamén houbo club de lectura na Biblioteca Rego da Balsa: Le colonel Chabert, de Balzac, acompañado cunhas filloas.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+