Os Axentes Medioambientais seguen a denunciar a precariedade de medios e recursos na loita contra os incendios forestais

Información
Galicia | 10 Mayo 2016 | 3413 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Os Axentes Medioambientais  apoian  a Xunta de Galicia no seu  esforzo  por reducir a menos de 678 incendios para a campaña de 2016 pero veno francamente difícil conseguir ese obxetivo, cando non se molestan en dotar de novos medios nin renovar os existentes, dos profesionais encargados de dirixir o 99 % dos lumes Galegos.

Afirman que dispoñen de menos medios humanos que nos anos 80 posto que o cadro de persoal de Axentes veuse reducida a pesar de ter unha carga de traballo que se multiplicou por 40 a través da normativa autonómica do sector e ao incremento que houbo nos últimos 35 anos no número de incendios forestais, un parque móbil obsoleto, con vehículos de máis de 300.000 Km e máis de 10 anos de idade, a carencia de elementos básicos coma son os rotativos prioritarios azuis tipo V1, algo fundamental para un servizo de emerxencias, ou que coa tecnoloxía existente se podería axudar e moito, na loita contra os incendios.

Critican que se gaste diñeiro público en convenios con medios estatais, como avanza a Xunta de Galicia no Pladiga 2016, pois estes cartos poderíanse investir en prevención no lugar de empregalo en organismos alleos á Administración Galega, que ao fin é a responsable da extinción do lumes forestais. Os Axentes Medioambientais “seguen apostando por dispositivo único e público”.

Solicitan a dotación de Medios

En pleno século XXI seguen dirixindo os lumes coma no pasado, sen ningún tipo de novas tecnoloxías que facilite o traballo na extinción dos lumes forestais, como podería ser unha tablet ou pc na cal se podería volcar a cartografía oficial, ou algo tan sinxelo coma os datos nos teléfonos oficiais e que non implicarían gastos a maiores pois xa se están pagando pero, por sorprendente que pareza, non están operativos. Calquera destes medios axudaría a atallar un lume forestal a tempo, antes de que alcanzase a categoría de incendio forestal, facilitando moito o traballo no dispositivo de extinción de incendios.

Lembran que este colectivo réxese por un acordo de condicións de traballo de 2004(este acordo regulaba as condicións dos axentes forestais, o cal denuncian que non é de aplicación para a escala de axentes medioambientais), caducado hai 10 anos, sen renovación de uniformes dende o 2008, e que a día de hoxe seguen mantendo para estes traballadores os niveis máis baixos da Administración Galega cando a responsabilidade que teñen no seu traballo é enorme. É algo que reivindican desde fai tempo, e non se obtivo ningunha resposta.

“Ante unha próxima campaña de verán complicada, lémbranlle á cidadanía a importancia de denunciar a actividade incendiaria e de adoptar comportamentos que minimicen a posibilidade de producir lumes forestais coma tirar cabichas ou prender lume no monte, incluso para facer de comer usando o lume”.