Información
Galicia

A Mesa viaxa a Frisia para preparar a semana do galego

Información
30 Abril 2018 2115 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Pavillón das Linguas en LeewardenMembros da Mesa pola Normalización Lingüística atópanse en Frisia, concretamente na cidade de Ljowert para asistir a diversas reunións para preparar a semana dedicada á lingua galega. Un proxecto que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, da Deputación de Pontevedra e do Concello de Pontevedra.

 

O proxecto Casa das linguas (Lân fan Taal) é un evento no que se darán cita comunidades lingüísticas de máis de 50 linguas minoritarias ou minorizadas de Europa, na que o galego tamén estará presente da man da Mesa pola Normalización Lingüística.

O proxecto consiste en amosar a diversidade lingüística europea e da existencia de nacións que teñen máis dun idioma, sendo a lingua o elemento máis característico que lle confire identidade propia a unha comunidade de falantes, independentemente do número de persoas que o falen. Ademais diso, aproveitarase a estadía para intercambiar experiencias de éxito e establecer contacto con outras organizacións que traballan na promoción e defensa de linguas minorizadas ou minoritarias.

A Mesa está facendo os preparativos necesarios para que a semana dedicada ao galego entre o 23 e o 29 de xullo sexa todo un éxito. Alén de dar a coñecer o galego e a súa situación, tamén se lle dará visibilidade á cultura galega mediante a proxeccións visuais, música, arte e teatro.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+