Información
Galicia

OS FARMACÉUTICOS INSPECTORES DE SAUDE PUBLICA DENUNCIAN A INCAPACIDADE DA CONSELLERIA DE SANIDADE PARA XESTIONAR AS ALERTAS SANITARIAS EN SAUDE PUBLICA

Información
12 Mayo 2016 2401 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O recente episodio de alerta sanitaria, no que máis de 100 persoas sufriron unha intoxicación de orixe alimentaria ou hídrica no derradeiro fin de semana do pasado mes de marzo, pon de manifesto a incapacidade desta Consellería para xestionar adecuadamente as alertas en Saúde Pública.

Resultou que dous clubs de baloncesto leoneses viñeron a Galicia a participar nun torneo deportivo na comarca do Salnés, polo que se aloxaron nun hotel da zona, e o idílico fin de semana de deporte e ocio tórcese porque un número considerable dos seus membros, nenos e adolescentes na súa maioría, sofriron unha intoxicación que puido producirse polos alimentos ou pola auga, e requiriu a mobilización dos servicios asistenciais do 061.

Para a investigación deste tipo de casos a Consellería dispón do corpo de farmacéuticos inspectores e veterinarios de Saúde Pública pero, tívose que agardar ao luns, para realizar a investigación do abrocho consistente en inspeccións das instalacións e as recollidas de mostras, o cal é totalmente impresentable dende o punto de vista sanitario: ¿que mostras de alimentos ou de auga vanse a recoller dous o tres días despois dos feitos? Nestes casos é urxente a recollida de mostras e a inspección das instalacións susceptibles de orixinar os abrochos xa que así conséguese corrixir as causas que os producen, diminuíndo o número total de afectados. Non é de recibo que, para a investigación dun abrocho, se agarde á xornada habitual de traballo dos inspectores na mañá do luns.

No verán do pasado ano, na comarca de Ferrol e afectando a máis de 100.000 persoas, declarouse a auga de consumo non apta polo alto contido en trihalometanos (carcinóxenos para humanos, especialmente en cancro de vexiga, e asociados tamén a defectos de nacemento en recen nacidos de nais expostas a consumos prolongados), púxose en evidencia a incapacidade da Consellería de Sanidade para xestionar estas crises: o persoal farmacéutico inspector tivo que “traballar de favor” fora de horario por responsabilidade sanitaria, carecendo dos medios imprescindibles para efectuar as mostraxes adecuadas para que os resultados foran representativos.

Ambos os dous exemplos demostran a incapacidade da Consellería de Sanidade para xestionar adecuadamente estas alertas, negándose a articular un sistema adecuado de xestión das mesmas.

Desde as organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT consideramos inaceptable e unha irresponsabilidade da Consellería de Sanidade que, a Saúde Ambiental da poboación galega estea desatendida polas tardes, os fins de semana e os festivos de todo o ano, como si os riscos sanitarios se tomasen vacacións eses días.

Otros articulos relacionados.....