Información
Galicia

A proba 10K Carballo forma parte un ano máis do Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña

Información
12 Mayo 2016 4109 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

10K Carballo

Imaxe da edición de 2015 da 10K Carballo (Foto: Ana García, La Voz de Carballo)

A carreira popular 10k Carballo volve a estar por cuarto ano consecutivo no Circuito Provincial de Carreiras Populares Deputación da Coruña, que consta dun total de 30 probas. Unha vez disputadas todas as citas outorgaranse premios individuais e por equipos para os participantes que acadasen os mellores resultados. A 10K Carballo, que se celebrará o domingo 19 de xuño, mantén o carácter gratuito da inscrición para as 1800 prazas totales entre as 1200 para o 10K e as 600 para as categorías inferiores, dende biberón ate xuvenil. Mantense o mesmo circuito homologado e o carácter de proba oficial da Federación Galega de Atletismo.

As inscricións admítense ate o día 15 de xuño de 2016 ou ata acadar as 1200 prazas nas categorías júnior, senior e veteranos, e as 600 no resto de categorías, respectivamente.

Otros articulos relacionados.....