Información
Galicia

Obradoiro de construción dunha cabana castrexa na Cabeciña

Información
14 Mayo 2016 2530 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

IMG 5282O próximo luns 16 de maio, a Asociación Costa dos Castros organiza un obradoiro para rematar unha cabana castrexa no castro da Cabeciña (Mougás, Oia). O obradoiro será a partir das 16:00 e nel poden participar tanto adultos como nenos.

A actividade consistirá en mesturar barro con palla e aplicalo nas paredes da cabana para facer o acabado, polo que haberá que ir preparados para mancharse.

"Trátase de rematar a cabana que se preparou para a Festa da Cervexa da Cabeciña e que pola chuvia non se puido rematar ese día" sinalan dende a Asociación. "É unha actividade ideal para compartir en familia. Nenos e adultos traballando xuntos."

Ademais a Asociación ofrecerá unha merendola para os pequenos para repoñer as enerxías perdidas. A actividade é gratuíta e non é necesario apuntarse

Otros articulos relacionados.....