Información
Galicia

O Concello súmase ao Día das Letras cun concerto de títeres, lectura de poemas e unha conferencia sobre Manuel María

Información
15 Mayo 2016 2611 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
  • cid 1463306695573849c74e1f5756239950ourenseAs actividades terán lugar na rúa do Paseo, co traslado de diferentes librarías da cidade para ofrecer o mellor da literatura galega, e no centro cultural Ángel Valente.

Ourense, 15 de maio de 2016

O Concello de Ourense unirase a celebración do 17 de maio, Día das Letras Galegas 2016, adicado ao poeta Manuel María, con diferentes actividades que se desenvolverán mañá e pasado mañá na sala municipal José Ángel Valente, no edificio do antigo Banco de España.

A rúa do Paseo será invadida desde as 11:00 horas por diferentes librarías da cidade, para divulgar a obra do escritor e os mellores títulos da literatura e en lingua galega. Estarán até as 20:00 horas. E desde as 12:00 horas, as actividades trasládanse á Sala Valente: haberá un concerto con títeres, co título O bigote de Mimí, baseado no libro infantil de Manuel María.

O espectáculo é unha proposta escénica na que músicos e un titiriteiro se unen para amosarnos a historia do gato Mimí, quen padeceu as consecuencias dunha pésima decisión. Xa vello, o gato Mimí ve as cousas dunha perspectiva diferente, e involucrará a todo un grupo de música para que lle axude a contar polo mundo adiante as súas peripecias. Un guitarrista que agocha un segredo, un baixista tremendo, uns ratos sobrados de ritmo e moitas máis sorpresas nunha obra asombrosa na que a diversión está asegurada.

Ás 13:00 horas, no mesmo escenario, levarase aa cabo unha lectura de poemas colectiva na que están chamados a participar todos os ourensáns que así o desexen.

As actividades continuarán o mércores, 18 de maio, ás 20:00 horas de novo nocentro cultural José Ángel Valente, cunha conferencia de Carlos Caneiro titulada Metáforas de Galicia, un idioma e un soneto a Manuel María.

Otros articulos relacionados.....