Información
Galicia

Récord de participación no 10º Autocross Carballo, quinta proba do Campionato de España, con 114 pilotos

Información
28 Junio 2018 1631 votos

O Circuíto de Bértoa volve a ser esta fin de semana capital do autocross coa disputa do 10° Autocross Carballo, quinta das oito probas do Campionato de España da especialidade, organizada un ano máis pola Escudería Coruña en colaboración co Concello de Carballo, Deputación da Coruña, Xunta de Galicia e Deporte Galego. 114 condutores -dez máis que en 2017 e récord de participación- loitarán pola vitoria nas seis categorías en competición: 9 na División I, 16 na División II, 16 en Off Road Series, 8 na División III, 10 en JR Car Cross e 55 en Car Cross.

 

Logo do briefing, as sesións non cualificativas e as verificacións técnicas -durante a mañá do sábado 30-, o bo comezará á tarde dese mesmo sábado co disputa da mangas clasificatorias, ás 16.30 e 18.30 horas. Haberá que madrugar o domingo 1 para ver a terceira das rondas de clasificación, que comezará as 9.00. Ás 11.00 están programadas as finais C; ás 12.00, as finais B; e ás 12.30, as finais A, tralas que se celebrará a entrega de trofeos as ganadores.

Polas chuvias dos últimos meses, que provocaron riadas no circuíto e desprazamentos de terra e caída de taludes, a organización viuse obrigada a modificar o trazado das curvas 6 e 8, circunstancia que non impedirá que os afeccionados gocen dunha proba que ten, como cada edición do Autocross Carballo, o espectáculo garantido.

Presentación

Na presentación do 10° Autocross Carballo participaron Juan Fernández, da Federación Española de Automobilismo (RFEDA); o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; Marta Míguez, secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; Manuel Aviñó, presidente da RFEDA; Alberto González, presidente da Escudería Coruña; e Ernesto Rumbo, director de carreira e membro do comité organizador.

Ernesto Rumbo, Evencio Ferrero e Marta Míguez

Ernesto Rumbo, Evencio Ferrero e Marta Míguez

Ernesto Rumbo amosouse “orgulloso de contar cunha participación de 114 condutores”, e tamén “agradecido co Concello por apostar unha edición máis polo autocross; unha colaboración que mantemos desde que Carballo recuperou o circuíto de Bértoa para o autocross hai xa dez anos”.

“É un pracer estar aquí en Bértoa, nun dos mellores circuítos españois de autocross”, afirmou o presidente da RFEDA. “Quedan tres probas para que remate o campionato nacional dunha disciplina que cada ano vai a máis, como demostra, como xa comentou Ernesto Rumbo, o extraordinario número de inscritos para a carreira desta fin de semana”, engadiu Manuel Aviñó, quen tamén salientou o crecemento da categoría Car Cross Júnior, “un vaso comunicante entre o karting e o autocross”. Aviñó felicitou tamén á Escudería Coruña, elixida como a mellor organizadora de 2016.

Marta Míguez fixo un pouco de historia e lembrou a longa tradición en probas deste tipo: “Na década dos 70 xa existían carreiras de pop cross con citroën de dous caballos: só facía falta ter un dous cabalos, sacarlle as portas de atrás e poñerlle unha barra de seguridade”. “De aí -engadiu- a modalidade evolucionou e foi medrando ata acadar a importancia que ten na actualidade, como demostra, hai que repetilo, a presencia esta fin de semana en Carballo de 114 pilotos”. Míguez, quen confirmou que estará esta fin de semana en Bértoa, felicitou ao Concello pola súa implicación e pola calidade do circuíto, “que ten o seu propio VAR: conta con nove cámaras instaladas por todo o trazo que permiten aos afeccionados gozar plenamente das carreiras”.

Marta Míguez non dubidou en enfundarse o mono co que foi agasallada

Marta Míguez non dubidou en enfundarse o mono co que foi agasallada

“Que Carballo conte, unha vez máis, cunha proba do Campionato de España -dixo Evencio Ferrero- non é unha casualidade: no seu momento puxémonos en contacto coa Escudería Coruña, quen se mostrou moi voluntariosa para ver como podiamos ordenar este espazo; en principio para que fose compatible para autocross e para motocross, e así se deseñou. Desde hai eses dez anos o Autocross Carballo colleu un gran peso e agora podemos presumir de colaborar na organización desta décima edición nun circuíto polo que pasaron figuras do prestixio do piloto de motocross Jorge Prado, serio aspirante a conseguir o título mundial”. “O Concello –rematou- ten a obriga de ceder as súas instalacións e facerlle as cousas máis fáciles á Escudería Coruña, cuxa organización volve a converter a Carballo en capital do Autocross”.

Ao remate da presentación, Escudería Coruña regaloulle a Ana Míguez unha equipación completa de piloto e a secretaria xeral para o Deporte non dubidou en enfundarse o mono e o caso e subir a un kart para dar unhas voltas ao circuíto. O mesmo fixo o presidente da RFEDA, piloto de rallies ata non hai moito.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago