Información
Galicia

OS SOCIALISTAS ACUSAN AO PP DE PROMOCIONAR “MOCIÓNS DE CENSURA ARTIFICIAIS” PARA “PISOTEAR E DETURPAR A DEMOCRACIA”

Información
16 Mayo 2016 3041 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

IMG 20160516 WA0002Méndez Romeu encabeza a visita dunha delegación do Grupo Socialista ao Concello de Santa Comba para apoiar ao alcalde José Ucha

Santa Comba, 16 de maio. O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, denunciou hoxe unha serie de “mocións de censura artificiais” dende “escuros despachos do PP” co obxectivo de “poñer coto a tipos de goberno que non lle interesan ao goberno galego”. O responsable socialista visitou hoxe o concello de Santa Comba e amosou o seu apoio ao alcalde José Ucha, que terá que afrontar unha moción de censura na súa Corporación Municipal.

Méndez Romeu acusou ao PP de “terxiversar” a autonomía municipal “polo interese máis espúreo, o interese partidista” impulsando mocións de censura en Oia, Pontecesures, Sarria e agora Santa Comba que non fan senon “pisotear e deturpar a democracia”.

Criticou estas mocións de censura, que “non xurden no Concello”, senón que están “teledirixidas por aqueles que intentan presionar aos gobernos locais e, a través deles, aos veciños e veciñas para conseguir o que, como saben, en limpa confrontación terían dificultades”. Anunciou unha actitude “vixilante” do Grupo Socialista para “explicar en tódolos foros o que sucede na trastenda” destas operacións.

Instou aos asinantes da moción de censura a “explicar as razóns e motivos” da súa decisión e augurou que “os veciños e veciñas de Santa Comba volverán nas próximas eleccións a restaurar a normalidade democrática e devolverlle ao alcalde e á Corporación o que teñen feito en forma de votos e apoios para un novo mandato”.

Méndez Romeu encabezou a delegación do Grupo Socialista na visita ao alcalde de Santa Comba, na que tamén participaron os deputados Marisol Soneira e Xosé Sánchez Bugallo, así como o alcalde de Ares, Julio Iglesias, e diversos cargos públicos e orgánicos do PSdeG.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....