Información
Galicia

Tui súmase á elaboración da `Estratexia 2030' de Cooperación do río Miño transfronteirizo

Información
15 Julio 2018 1104 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O deputado de Cooperación Transfronteiriza e director da AECT Río Miño, Uxío Benítez, e parte do equipo técnico e científico do proxecto Smart Minho, mantiveron hoxe unha reunión coa Directiva da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Tui para a elaboración da `Estratexia 2030´ de Cooperación Intelixente do Río Miño Transfronteirizo, na que se materializou o compromiso da asociación tudense a sumarse á construción deste documento estratéxico. Así o manifestou o presidente da Cámara, Gumersindo Alonso, quen destacou a súa satisfacción por formar parte dun "proxecto tan ilusionante" e amosou a súa disposición de traballar conxuntamente nesta iniciativa.

 

O deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez, agradeceu "a implicación da Cámara", e destacou "a importancia de contar cunha organización como esta que representa á gran parte do sector económico do Baixo Miño". Benítez incidiu na relevancia que terá a estratexia para o territorio "xa que é a primeira vez que se elabora un documento así, tomando o río Miño como un elemento vertebrador entre os dos dous países, e non como un elemento de separación". Así mesmo, destacou a importancia da participación dos axentes locais na redacción dun documento que "marcará as directrices da cooperación entre Galiza e Portugal durante a próxima década, e que se fai dende abaixo, contando coa opinión e as achegas da cidadanía, verdadeira protagonista do proxecto".

Na xuntanza, o director da AECT Río Miño tamén tivo a oportunidade de coñecer o anteproxecto de reforma da antiga alfándega de Tui, aprobado por Patrimonio, un local de tres plantas e 718 m2, propiedade da Cámara, e que se barallou como posible futuro centro de iniciativas transfronteirizas.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+