ITU Multisport World Championship 2019 "vai a converter á Pontevedra no centro mundial do tríatlon"

Información
Galicia | 15 Julio 2018 | 3552 Votos | Correo electrónico | Imprimir

22017penticton wc day5 0082 51Este ano, ao redor de 3.000 atletas de 48 países de todo o mundo compiten en Dinamarca, concretamente nas cidades de Middelfart, Svendborg e Odense, entre o pasado día 6 de xullo e o vindeiro 14 de xullo no Fyn ITU Multisport World Championships 2018. Máis polo miúdo, a Federación Española de Tríatlon seleccionou a sete atletas para participar neste evento deportivo, entre os que se atopa o pontevedrés Pablo Dapena, que competirá na modalidade de tríatlon de longa distancia.


Pontevedra ITU Multisport World Championship 2019 na illa danesa de Fyn, o Festival Mundial Multideporte que a cidade do Lérez acollerá entre os días 27 de abril e 5 de maio do próximo ano. No acto tamén estarán presentes, como embaixadores, o actual campión de España, o pontevedrés Pablo Dapena, e o triatleta Javier Gómez Noya.

 Está previsto que o campionato, que conta con probas de duatlón, tríatlon de longa distancia, acuatlón, acuabike e tríatlon cross, reúna a uns 4.000 deportistas e a unhas 10.000 persoas durante eses días en Pontevedra, converténdose no evento deportivo máis importante do ano.

Neste senso, para a promoción do Festival Multideporte e para atraer o maior número posible de persoas, Pontevedra puxo en marcha a campaña "2019. See you in Pontevedra" que conta cunha caseta en Dinamarca para exhibir información e persuadir ao maior número posible de deportistas para a cita do 2019. Concretamente, na entrada da Vila do Atleta, está instalado un photocall da cita pontevedresa no que se reparten folletos informativos e chapas coa mascota do evento, un neto virtual do Loro Ravachol.

Pola súa banda, desde o pasado mes de abril, ondean un par de bandeiras co logo do Multisport na praza de España e na ponte dos Tirantes, conformando unha simbólica conta atrás. As bandeiras parten dun cubo onde tamén se pode ler a data de celebración do evento, aínda que as súas caras irán mudando o tipo de información conforme vaia descorrendo o ano.

social youtube xornalgalicia   feed-image