Información
Galicia

O novo goberno estatal ten a oportunidade de liberar a ría de Pontevedra de ENCE

Información
18 Julio 2018 1063 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Panel ENCE 12Un negocio redondo con bos padriños...
 
A planta de celulosa de Ence en Pontevedra, asentada sobre terreos de dominio público marítimo-terrestre, ten unha concesión outorgada por Orden Ministerial do 13 xuño de 1958 con vencemento o 29 de xullo de 2018. Antes de rematar o prazo e con data 20 de xaneiro de 2016, de forma fulminante e sorpresiva e cun goberno provisorio, o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, outorga a prórroga da mencionada concesión por un período de 60 anos, isto é ate o 8 de novembro de 2073. Prórroga condicionada a realización de certos investimentos por un valor de 61 millóns de euros (30 millóns para incrementar a capacidade e mellorar a eficiencia da fábrica, 27 millóns para reducir o volume do efluente, eliminar cheiros, ruídos e vapores e 4 millóns restantes para integración paisaxística da fábrica).


O 28 de xuño do 2016 Ence asinou un “pacto ambiental” coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia onde volve incidir en melloras na factoría (vese que as necesitaba) pero deixa no aire concretar polo detalle e cuantificar as melloras a que se compromete.

De calquera forma, tanto o Goberno do PP como a Xunta desprezaron a constante oposición manifesta a este complexo e en particular a oposición á súa prórroga. De nada servíu a mobilización cidadá que ano tras ano esixíu centos de veces o peche de ENCE, pois sábese que a economía, a ecoloxía e a saúde humana sairía ganando coa súa marcha. Pero ENCE sempre se sintiu segura e cómoda no seu emprazamento e sen que lle importaran ren as críticas cidadáns polas súas emisións, cheiros e perdas en recursos mariños, turísticos...

Posiblemente a razón de tal seguridade ten que ver coa boa relación da empresa co daquela partido no Goberno e coa Xunta: no Consello de Administración de ENCE sentan dende fai anos unha ex-deputada do PP e ex ministra de Medio Ambiente Isabel Tocino (percibiu de ENCE no ano 2017 un total de 86.000 euros) e un ex Director Xeral de Montes e logo Conselleiro da Xunta de Galiza Carlos del Alamo (percibiu o ano pasado 101.000 euros, deles 44.000 por retribución fixa e 57 mil en dietas).

No ano 2017 a planta de ENCE- Pontevedra produciu 434.654 toneladas de pasta de celulosa TCF. No ano 2018 aumentará a produción en 30.000 t. e no ano 2019 en 40.000 t , grazas a prórroga concedida. Na actualidade a produción de celulosa en ENCE-Pontevedra representa a cuarta parte do total que se produce no Estado español e o 1,2% da produción da Unión Europea. Destaca tamén a empresa en Pontevedra por ser autosuciente en electricidade, xera 215 millóns de kwh/ano coa térmica de 35 MW de potencia.
Os beneficios económicos despois de impostos do ano 2017 superaron os 33 millóns de euros, por enriba de todo grazas a subida do prezo da celulosa que durante ese ano aumentou ate mais do 45%. O prezo medio da celulosa no primeiro trimestre do 2017 era de 650-700 euros/t , cunha media ao longo do ano de 818 euros/t, en abril do 2018 chegaba a 1.050 euros/t e con tendencia a seguir subindo. No ano 2017 o 36% dos beneficios do grupo Ence pertencen a ENCE-Pontevedra.

Unha industria suxa e contaminante, con nefastos efectos secundarios
 
Pero a celulosa é unha industria moi particular, que non só incide en Pontevedra senon en toda Galiza, ao arrastrar un determinado Plan Forestal detrás, neste caso de mais de 600.000 hectáreas de eucalipto. A celulosa considérase en calquera lugar como industria contaminante, non importa que os seus parámetros de emisión e vertido a auga poidan estar dentro da legalidade vixente. Tampouco é o mesmo que unha celulosa estea instalada nun lugar apartado lonxe de poboación que se localice próxima a unha cidade e nunha área próxima densamente poboada e ao pé dunha das rías máis produtivas do mundo rica en moluscos, crustáceos e peixes e onde existe acuicultura e cultivo mariño.

As emisións a atmósfera de ENCE son gases de efecto invernadoiro, gases acidificantes, partículas, metais ... , o vertido a ría dun caudal de auga por riba de 12 millóns de metros cúbicos/ano cargado con oito substancias contaminantes declaradas e outras que non alcanzan un limiar para declarar, son sempre substancias preocupantes no medio, xa que moitas acumulanse ao longo das cadeas alimenticias e mesmo poden reaccionar entre elas ou no medio facéndose mais tóxicas ainda.
As emisións a atmósfera que figuran no Rexistro de Emisións Contaminantes , PRTR, do ano 2016 son catro contaminantes, cun volume total de emisión de 1.031.135,1 toneladas:


Dióxido de carbono: Emite 1.030.000 toneladas. Valores moi superiores aos de anos anteriores e que sorprende ao ter asignado unicamente 43.056 toneladas.
Óxidos de nitróxeno. Emite 877 toneladas. As emisións na caldeira de recuperación, no forno de cal e na caldeira de biomasa aumentaron notablemente respecto de anos anteriores. Si estudamos a serie de emisións deste gas nos últimos 10 anos, observamos que os dous últimos anos son os de maiores emisións e mesmo duplican os valores do ano 2007.
Óxidos de xofre: Emite 207 toneladas cando no ano 2007 emitía 177.
Partículas: Emite 51,1 toneladas. Único contaminante que observa unha notable redución.
Na Declaración de Sustentabilidade de ENCE-Pontevedra 2017, con datos do 2016 figura ademais a emisión de 3,4 toneladas de sulfhídrico, e 161 toneladas de monóxido de carbono. 

Nun caudal de vertido de auga industrial de 12.573.208 m3/ano, ENCE declara un vertido de oito contaminantes (PRTR) cun volume de 804, 6 toneladas.

Nitróxeno total: Emite 109 toneladas. Estudando a serie dos últimos dez anos o 2016 é o de maior emisión.
Carbono Orgánico total: 695 toneladas. Valor superior ao de anos como 2007-08-09 ou 2013.
Cadmio : Emite 6,9 kg. É o maior valor dos últimos 5 anos.
Cobre: 69 Kg. Supera o ano 2015.
Mercurio: 2 kg. Supera ao ano anterior.
Níquel: 84 kg. Valor que supera os dous anos anteriores.
Chumbo: 82 kg. Supera ao ano anterior.
Zinc: 388 kg. Supera ao ano anterior. 
En conxunto os metais pesados supoñen 632 kg pero non figuran datos para Arsénico, Cromo nin tampouco para outros como Fósforo total e Compostos Orgánicos Haloxenados (AOX).

Queremos seguir con este nivel de contaminación? Como é posíbel que despois de 60 anos se siga contaminando desta maneira? A prórroga concedida foi unha auténtica burla en forma e en contido e da Xunta xa non podemos esperar ren, pero agora estase a tempo de corrixila. A concesión inicial do ano 58 ainda caduca a finais de xullo do 2018 e si de verdade o novo Goberno do Estado quere na Galiza facer outra política, unha nova política, ten o momento e a oportunidade: Anular a prórroga de ENCE e marcar con data o peche da celulosa. Galiza e Pontevedra en particular están a espera.

Ramón Varela Díaz, doutor en Bioloxía, experto en contaminación ambiental e ex-presidente de ADEGA


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+