Información
Galicia

Lugo, destino para o intercambio cultural de estudantes

Información
18 Mayo 2016 2111 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Lugo, destino para o intercambio cultural de estudantes

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do voceiro municipal, Miguel Fernández, recibiu este luns no Salón de Plenos a unha vintena de alumnos do colexio St. Joseph´s Catholic Primary School, de Londres, que se atopan de intercambio estes días no colexio plurilingüe San José FEC de Lugo.

Os estudantes, de cuarto de primaria, viñan acompañados dos seus compañeiros lucenses, así como de mestras do centro londinense e lucense.

No acto de benvida, a rexedora fixo fincapé na importancia destes intercambios entre centros de distintos países para coñecer outras culturas e para a promover a cidade. Neste senso, Lara Méndez convidou aos rapaces a aproveitar ao máximo a experiencia e a facer de embaixadores de Lugo en Londres.

Otros articulos relacionados.....