Información
Galicia

O BNG desprega unha faixa na alameda de Compostela conmemorativa dos 50 anos do Día da Patria Galega

Información
25 Julio 2018 2106 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

50 anos do Día da Patria 50 anos do Día da Patria O BNG despregou na alameda de Compostela unha faixa conmemorativa do 50 aniversario da celebración do Día da Patria Galega co lema “Viva Galiza ceibe e socialista”. A candidata á Alcaldía, Goretti Sanmartín Rei, e Saleta Goi, presente naquel momento histórico, acompañadas de militantes e simpatizantes, fixeron un chamado a participar este 25 de xullo na manifestación do BNG “para sumar a todas as persoas que senten que Galiza é unha nación que debe conquistar os seus dereitos”.

 

“O BNG naceu en 1982 mais vén dunha tradición nacionalista que queremos reivindicar”, explicou Goretti Sanmartín Rei, “vai para 100 anos que a Asemblea Nacionalista acordou conmemorar o Día de Galiza con chamamentos para facer unha festa nacional da nosa patria ese 25 de xullo”. Lembrou tamén as reivindicacións dos anos ’30 cando Castelao facía un chamamento a participar no mitin das Arengas, na praza da Quintana, cun paseo pola Ferradura e despois houbo manifestacións, “algunhas encabezadas por mulleres que tiveron un lugar privilexiado ao estaren implicadas na causa e que traballaron arreo polas reivindicacións nacionais do noso país”, sinalou “con actos que remataron na estatua de Rosalía da alameda de Santiago cantando o himno”. Iso foi interrompido polo levantamento militar até que en 1968 “un grupo de homes e de mulleres decidiron arriscarse nuns anos de feroz represión e de falta de liberdades nun acto de rebeldía para vir á alameda e poñer unha faixa coa lenda ‘Viva Galiza ceibe e socialista’, cando o réxime pretendía evitar calquera mobilización mais conseguiuse ir tomando rúas de Santiago de Compostela e facer, cos anos, que a praza da Quintana sexa o centro neurálxico dese movemento vivo, plural e colectivo que quere reivindicar que Galiza é unha nación e ten os seus dereitos”, indicou.

Para Goretti Sanmartín, “somos herdeiras e herdeiros dese momento e reivindicar a memoria é tamén dar pasos cara ao futuro, hoxe ser nacionalista é ser tan revolucionario, rebelde e transformador como eran daquela as persoas que se xogaron a súa liberdade para colocar esa pancarta e participar naquela actividade do Día da Patria”. Así, fixo un chamamento “para que todas as persoas que queiran unha Galiza mellor, que saiban que o proxecto do BNG é inclusivo, integrador e quere sumar a quen  sente que Galiza é unha nación que debe conquistar os seus dereitos”.

Saleta Goi: “A xente nova se quere ter futuro ten que defender este país ou será carne da emigración, ou somos galegos e galegas ou non somos”

Entre esas persoas que participaron naquel acto do Día da Patria de 1968, estaba Saleta Goi, que lembrou que asistiu á misa de Rosalía do 25 de xullo de 1959 cando casou con Manuel María “e desde aí non faltei ningún ano ao Día da Patria”. “Aquel 25 de xullo de 1968 eu estaba diante dos que berraban ‘Viva Galiza ceibe e socialista’, había policía de fóra e ían deter Otero Pedraio, mais finalmente detiveron a Xaime Isla Couto e un médico de Ourense”, explicou. “A nivel político participamos en todo e recordo que se enchera toda Galiza de panfletos con estes eslogans e cando aquí se concentrou a xente tiñan que ter información e houbo unha corrida”, engadiu.

“O nacionalismo evolucionou con dificultades pola opresión que ten enriba, é moi difícil avanzar pero é moi necesario”, afirmou Saleta Goi, “ou temos país ou nos anulan e creo que a xente nova debe pensar iso; se quere ter futuro ten que defender este país ou será carne da emigración, ou somos galegos e galegas ou non somos, eu son así de radical”.

Otros articulos relacionados.....
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)