Información
Galicia

A Real Academia Galega reivindica a vixencia do espírito das Irmandades da Fala

Información
19 Mayo 2016 3566 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

2 18 05 2016 corosO presidente, Xesús Alonso Montero, pide que o centenario do movemento sirva para reflexionar e “ver onde non se avanzou e por que non se avanzou” en materia lingüística e reclama un pacto polo idioma

A Coruña, 19 de maio de 2016.- "Falade e escribide e pensade sempre en galego, irmáns". Antón Villar Ponte sintetizaba así o obxectivo das Irmandades da Fala no artigo "A bandeira ergueita", publicado no primeiro número d'A Nosa Terra. Meses antes, o 18 de maio de 1916, A Coruña acollera a fundación da primeira agrupación dun movemento que desenvolveu un labor esencial a prol da normalización do idioma e da renovación da cultura galega.

Xusto cen anos despois, a mensaxe volveu reivindicarse este mércores no teatro Rosalía de Castro, no acto musical e literario organizado pola Real Academia Galega e o Concello da Coruña. O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, pediu que este centenario sirva para reflexionar sobre a situación da lingua e procurar un pacto sobre o idioma.

A velada marcou o inicio oficial do ano do centenario das Irmandades, que se celebrará cunha morea de actividades promovidas por distintas institucións. Pero ademais de servir para o estudo do movemento e recordar a "persoas que foron heroicas naquel ermo", este debe ser tamén un ano "para reflexionar e ver onde non se avanzou e por que non se avanzou" en materia lingüística durante todo este tempo, advertiu o presidente da Academia, Xesús Alonso Montero, no seu discurso. "Polo tanto, non lles deixemos traballo a aqueles que van estar aquí dentro de cen anos". E iso pasa por reivindicar o uso do galego, como fixeron as Irmandades, en todos os contextos, implicando a toda a sociedade pero cun necesario protagonismo no eido político, engadiu.

"Do que se trata é de facer ver pedagoxicamente a certos grupos da clase media que non abonda con usar o galego liturxicamente, onte en cen tribunas. Terá que ser o idioma normal do fogar, o idioma da respiración vital. A tarefa por forza ten que ser de toda a sociedade. Ninguén está excluído. Uns achegarán máis, outros menos, pero na sociedade o protagonismo teñen que telo os políticos. En Galicia teriamos que falar dun pacto galego sobre o idioma, e a partir de aí empezar a traballar. Se non se fai un pacto galego sobre o idioma, eu temo que todo o que se faga, por moi interesante que sexa desde o punto de vista historiográfico o dito sobre as Irmandades da Fala de hai cen anos, serán cousas menores, serán xogos florais e serán foguetes para a galería", concluíu Xesús Alonso Montero.

O alcalde do Concello da Coruña, Xulio Ferreiro, tamén defendeu a vixencia das reivindicacións das Irmandades en materia lingüística: "Hoxe, cen anos despois, semella máis necesario que nunca o compromiso e o ideario deste movemento que, entre outros, encabezou Antón Vilar Ponte e que situou A Coruña no centro da vangarda galega". No acto tamén interveu o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, quen asegurou que se as Irmandades non existisen "seguramente Galicia non sería o que é hoxe, un pobo orgulloso da nosa lingua e da nosa cultura".

Os coros, aliados das Irmandades

"Interésanos máis un coro galego que un deputado en Cortes por Galicia". Estoutra frase de Villar Ponte, promotor das Irmandades, explica a presenza destacada do Real Coro Toxos e Froles, Cantigas da Terra, Coral de Ruada e Cántigas e Agarimos na velada, que se celebrou a só uns metros do local que en 1916 ocupaba, na rúa Rego de Auga da Coruña, a Real Academia, o lugar que acolleu a xuntanza fundacional da primeira Irmandade. Os irmandiños atoparon nestes coros populares, como reflicte a afirmación, uns importantes colaboradores que desempeñaron un labor fundamental de recollida e dignificación do folclore galego, contribuíndo tamén á do idioma. E os coros atoparon tamén nas Irmandades importantes membros: Vicente Risco e Xavier Prado Lameiro formaron parte da primeira directiva da Coral de Ruada, Xaime Quintanilla pertenceu á de Toxos e Froles e o propio Villar Ponte colaborou con Cántigas da Terra, puxo como exemplo a mantedora do acto, a poeta Estíbaliz Espinosa.

Os catro coros foron os encargados de poñerlle o ramo á celebración ao subiren todos xuntos ao escenario para intepretar o Himno. Previamente, cada un deles fora cantando un par de pezas dentro dun programa que alternou música e recitados. A primeira quenda foi para Cántigas da Terra, anfitrión na cidade da Coruña e encargado de abrir o acto con dous temas: Ben, ben vai e Ruada de Loroño. Van todas, van! Foliada do Miño e Quer que lle quer, interpretadas pola Coral de Ruada, de Ourense; Foliada de Noia e Cantiga de Palas de Rei, nas voces da formación compostelá Cantigas e Agarimos, e Debaixo do consistorio e Foliada de Corrubedo, a cargo do coro ferrolán Toxos e Froles, completaron a parte musical.

A parte literaria empezou coa prosa de Villar Ponte de "A bandeira ergueita", que soou por boca da xornalista Cristina Lombao. Deseguido, Manuel Lugrís, neto de Manuel Lugrís Freire, deu lectura ao "Himno das Irmandades"; actriz Isabel Risco declamou "Ti dis Galicia é ben pequena", outro texto de referencia asinado por Vicente Risco tío avó dela; e Pedro Fernández, presidente da Asociación de Veciños da Cidade Vella da Coruña María Pita, recitou os versos de "En pé", de Ramón Cabanillas. Nunha segunda quenda, subiron ao escenario a estudante Orleni Mateo, a profesora de Historia Carmen García-Rodeja e os académicos Manuel Rivas e Fina Casalderrey, quen leron "Triadas no mar e na noite", de Fermín Bouza Brey, "Postulación da ética", de Roberto Blanco Torres; "O campo da Rata", de Xohán Casal; e "Alba de gloria", discurso pronunciado por Castelao en Buenos Aires o 25 de xullo de 1948 cunha mensaxe que cómpre seguir a reivindicar: "Que diriamos se o Estado mandase derrubar o Pórtico da Gloria? Pois eu digo que o noso idioma é unha obra de arte mil veces superior á obra do Mestre Mateo. Creouna o xenio inviolable do noso pobo e labrouna o amor, a dor e aledicia de moitísimas xeracións... Unha lingua é máis ca unha obra de arte; é matriz inesgotable de arte".

 


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago Ana López-Suevos Fraguela emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 50.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE CUATRO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

O Concello sortea convites para presenciar os Fogos do Apóstolo dende o espazo para convidados

O Concello de Santiago sortea este ano 15 convites dobres (agraciado/a e acompañante) para presenciar o espectáculo luminoso..

RUTA XEOLÓXICA DO MUNICIPIO NA PENÍNSULA DE MONTEFERRO

O Concello de Nigrán ofrece este martes 16 de xullo a súa primeira ruta xeolóxica do municipio na península de Monteferro,..

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+