Información
Galicia

Mañá estrea do hastag #augaparatodas porque é un dereito e porque queremos que rematen os cortes de auga.

Información
20 Mayo 2016 1855 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

augaparatodosA auga é un dereito básico. O acceso a este servizo, a este ben, non deberia estar en mans de empresas privadas, que especulan e que non garanten que persoas sen recursos vivan situacións terribeis como a do corte deste subministro.
O venres 20 de maio ás 12 da maña estreamos un video no que falamos con afectadas polos cortes de auga en Vigo, coa Oficina de Dereitos Sociais de Coia, e na que escoitaremos tamén aos responsábeis da empresa Aqualia, que xestiona o acceso ao dereito básico da auga no concello de Vigo.

Queremos escoitar outras voces, visibilizar o que acontece na cidade de Vigo, onde os dinosetos sairon gratis porque foi Aqualia quen os pagou, ademais de se facer cargo de humanizacións de ruas, e onde non existe un protocolo para aquelas persoas que non poden pagar as facturas da auga.
Mañá coa estrea desta peza lanzaremos o hastag https://www.facebook.com/hashtag/augaparatodas">#augaparatodas porque é un dereito e porque queremos que rematen os cortes de auga.
Axudádesnos a difundir? O venres a partir das 12 #augaparatodas
--

OFICINA DEREITOS SOCIAIS - COIA (ODS-Coia)
http://odscoia.arkipelagos.net/" target="_blank">odscoia.arkipelagos.net | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo." target="_blank">Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. |https://twitter.com/odscoia" target="_blank">@odscoia |

Otros articulos relacionados.....