Información
Galicia

Abel Caballero proporá mañá xoves ás ministras de Facenda e Política Territorial un novo teito de gasto para as entidades locais en vigor este mesmo ano e un uso autónomo do superávit municipal

Información
23 Agosto 2018 2937 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, asistirá na tarde deste xoves ao Pleno da Comisión Nacional de Administración Local (CNAL), na que participarán as titulares dos ministerios de Facenda e de Política Territorial, e que abordará "cuestións de interese" para os concellos, en verbas de Caballero.



Segundo explicou este mércores aos medios de comunicación, na cita abordarase o teito de gasto da administración do Estado e o alcalde vigués demandará a celebración "con premura" da comisión para o novo teito de gasto das Corporacións Locais. A este respecto, Abel Caballero recordou que en xullo se acordou manter esta reunión e considera "moi importante" que teña lugar con celeridade, pois o obxectivo dos concellos é que o novo teito de gasto estea en vigor este mesmo ano, de tal forma que a liquidación de 2018 se realice en base ao novo criterio.

En segundo lugar, o presidente da FEMP proporá unha reforma legal para que os municipios poidan empregar o seu superávit sen autorización previa e en aquilo que decidan, dentro do seu marco competencial. "Non queremos supervisión dos nosos propios recursos", valorou Caballero, quen recordou que os entes locais levan seis anos consecutivos con contas en positivo.

Adicionalmente, Abel Caballero volverá tratar na CNAL o sistema de cómputo do IVE, a contabilidade de once meses no presente período en lugar de doce, xa proposto polo presidente da FEMP no anterior plenario. "Non entendemos que un cambio de períodos de contabilidade faga que os concellos perdamos este ano 700 millóns de euros", asegurou.

Por último, o alcalde de Vigo manifestou que "nos produce gran satisfacción" a devolución das competencias, e con recursos económicos aparellados, contra a violencia de xénero. É unha "cuestión importantísima" para Caballero, quen recordou que dicha capacidade foi retirada polo goberno de Mariano Rajoy e agora vai ser restituída.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+