Información
Galicia

Unha investigación da USC constata que a clave do éxito nos centros de menores está na educación e non no control

Información
29 Agosto 2018 2066 votos

Mª Soledad Hernández

As causas son múltiples, dende historias persoais dolorosas ata conflitos familiares e abandono escolar, pero todos eles chegan ao Centro Santo Anxo cunha ilusión compartida: ter un futuro ao saír de alí. A investigadora Mª Soledad Hernández Hernández analiza a protección á infancia e adolescencia na súa tese de doutoramento titulada ‘O Centro Santo Anxo. Unha resposta para menores en dificultade e conflito social’ que vén de presentar na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago.

 

 

A investigadora Mª Soledad Hernández asegura que os nenos e adolescentes continúan sendo un dos colectivos máis vulnerables da sociedade sometidos aos cambios sociais, á explotación e aos conflitos armados. Ademais critica que, unha vez que os adolescentes cumpran os 18 anos, quedan desamparados de protección, pero eles seguen precisando apoio na formación e orientación laboral. “ Cando traballamos coas persoas, partindo dos seus dereitos e tendo en conta os seus intereses e necesidades, algo cambia”, indica Hernández, ao que se formula a seguinte pregunta: estamos interesados en tecer unha rede que sosteña e permita crecer aos que debemos protexer?

 

Para atopar unha resposta a esta cuestión, a doutora Soledad Hernández centra o seu estudo de caso no Centro Santo Anxo, onde desenvolveu gran parte da súa vida profesional. “Parecíame necesario recuperar parte da súa historia e validar o modelo de atención residencial como resposta educativa deste centro, por ser un referente en Galicia na atención á infancia e á adolescencia”, explica a investigadora.

 

Na súa tese de doutoramento, dirixida polos profesores da USC, José Antonio Caride Gómez e Antón Costa Rico, Soledad Hernández recolle as percepcións reais das persoas que viviron esta experiencia dende dentro do centro. Os rapaces e rapazas que chegan ao centro de Rábade son moi conscientes da súa realidade, de aí os seus enfados, sentimento de desconcerto e esa necesidade de escapar de todo, incluso de eles mesmos, indica. A maioría deles valora de forma positiva o seu paso polo centro Santo Anxo, a pesar de ser unha opción obrigada e non elixida. Todos eles “queren imaxinar un futuro igual ao de calquera persoa da súa idade: cun traballo, amigos fieis e unha familia que lles queira”, mantén Hernández.

 

O principal problema que detectan, tanto menores como os profesionais que alí traballan, é o excesivo control fronte á educación. A normativa e o modelo xerárquico de organización poden facilitar o acordo e a actividade diaria, pero son unha limitación para a acción educativa. “Temos que evitar que os regulamentos e protocolos ocupen todos os espazos e deixen sen función á figura do educador”, explica.

 

A investigadora pon en valor a importancia dunha lexislación que defenda o respecto e o exercicio efectivo dos dereitos de protección da infancia e adolescencia por ser de recoñecemento universal e interdependentes entre si. “O marco legal actual non promove este enfoque, xa que sigue centrado nas consecuencias das situacións, retraído en cuestións socio-políticas que alentan á desigualdade e a exclusión dos individuos máis vulnerables”.

 

Tras realizar esta tese de doutoramento, a investigadora prevé un futuro incerto no que os menores xogarán un papel cada vez menos activo e no que se creará un ambiente hostil. “Isto débese ao pouco peso concedido á educación, a escasa valoración da súa contribución e dos seus profesionais que parece que teñen que xustificar continuamente a súa presencia”.

 

Tribunal de tese e cualificación

O tribunal encargado de avaliar a tese de doutoramento presentada por Soledad Hernández estivo presidido por catedrático Paulí Dávila Balsera. Os profesores María José Méndez Lois e Miguel Melendro Estefanía completaron o tribunal. A autora da tese de doutoramento obtivo a máxima cualificación de sobresaínte cum laude.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago