O primeiro sábado do festival incluirá un documental sobre o accidente de Angrois, un coloquio sobre o audiovisual lusófono e unha longametraxe de temática LGBT

Información
Galicia | 20 Mayo 2016 | 6883 Votos | Correo electrónico | Imprimir

As proxeccións no Auditorio do Concello de Vigo darán comezo ás 17.00 horas cun bloque de

curtametraxes galegas. Neste bloque podemos atopar títulos coma Unary, de Luís Avilés Baquero,

que relata o proceso de reinserción social dun preso tras 20 anos na cárcere; ou Freedom To Kill

The Other’s Children, de David Varela, que documenta a captura e liberación de Gilad Shalit, un

soldado israelí capturado por Hamás. Ás 18.30 horas pasaremos á animación con De Profundis,

longametraxe producida por Chelo Loureiro e dirixida por Miguel Anxo Prado, un dos pais do cómic

adulto español. De Profundis, nomeada ao Goya a mellor película de animación, explora o mundo

imaxinario dun pintor que soña con navegar entre as medusas e as estrelas de mar. Miguel Anxo

Prado fará acto de presenza para comentar a película cos espectadores tralos créditos.

Ás 20.00 horas tocará sesión dobre de documental. Por unha banda, Den Pobedy: Día Da Vitoria,

unha peza de Alberto Lobelle que nos leva ás conmemoracións soviéticas do 9 de maio en honor

da vitoria contra a Alemaña Nazi. Pola outra, No Justice, No Peace. Baltimore 2015, de Ana Laura

Pereira e Eric Splinter, que plasma os sufrimentos da comunidade afroamericana dentro do sistema

capitalista estadounidense, un tema de gran relevancia mediática nestes momentos.

NOTA DE PRENSA

As sesións no Concello pecharanse ás 22.00 horas con Frankestein-04155, de Aitor Rei, un

documental de 2015 que intenta resolver as preguntas sen resposta sobre o tráxico accidente de

Angrois. Con Frankestein, o director promete sacar á luz datos que ata hoxe permanecían ocultos.

Paralelamente a estas proxeccións, o auditorio do Instituto Camões acollerá ás 18.00 horas a

primeira das dúas charlas-coloquio que a quinta edición ten programadas. Baixo o epígrafe “Vías

de colaboración entre o cinema galego e o lusófono”, os poñentes debaterán sobre a produción,

distribución e exhibición dos audiovisuais galego e lusófono, concretamente, o de Portugal.

Afondarase no papel que xogan as institucións públicas e a súa relación coa iniciativa empresarial

privada no ámbito da chamada “globalización”, así coma no emprego das novas tecnoloxías como

soporte de difusión de ámbalas dúas culturas. Para este coloquio contaremos con Marta Pérez

Pereiro, doutora en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela e

investigadora na análise da ficción televisiva e estudos sobre o humor; con Manuel González

Álvarez, antigo responsable de cine e vídeo da Dirección Xeral de Cultura e da Videoteca de Galicia

e director de 1990 a 1998 da Escola de Imaxe e Son da Coruña; e con Artur Barros, o fundador e

director do Festival Internacional de Cinema Independente de Braga e do Festival Internacional de

Cinema Independente do Porto 2009. O director do Instituto Camões, João Ribeirete, moderará

este coloquio, que será de entrada gratuíta e fomentará a participación dos asistentes.

Despois da charla, o Camões descubriranos a emocionante historia de Tchinda Andrade, unha

muller de Cabo Verde que no ano 1998 decidiu saír do armario, presentándose como transexual a

un semanario local. Pablo García Pérez de Lara e Marc Serena crearon a documental Tchindas para

plasmar os complexos sentimentos de Andrade e a importancia que o Entroido ten na súa illa.

Por último, destacamos que a nosa terceira sede, o Auditorio do MARCO, comeza mañá as súas

proxeccións con tres bloques de curtametraxes lusófonas: ás 17.00, 18.15 e 19.40 horas,

respectivamente.

Para máis información:

www.primaveradocine.com

social youtube xornalgalicia   feed-image