Imprimir

ESPAZO e EQUO presentaron o seu proceso de cooperativa política para o reagrupamento da esquerda verde e renovadora

Información
Galicia | 22 Mayo 2016 | 4241 votos - Registrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image

Rolda de prensa ESpazo EquoXuntar forzas para introducir as ideas do Ecoloxismo Político, Ecofeminismo e Ecopacifismo

na axenda do día a día é un dos obxectivos da cooperativa política ESPAZO EQUO, que esta

mañá foi presentada polo coordinador de ESPAZO, Manel Cardoso, e a co-voceira de

EQUO Galicia, Silvia Pinal. Ambos representantes expresaron que o resultado do debate

interno nas dúas formacións foi favorable á confluencia pola práctica totalidade das

respectivas asembleas.

Cardoso resaltou que “esta confluencía servirá para consolidar un referente galego do

ecoloxi smo pol í t ico e parte do reagrupamento da esquerda galega renovadora do

século XXI desde o soberanismo cívico, a sustentabilidade ambiental, a xustiza social

global, a cultura da paz, os dereitos civís e a radicalidade democrática”. O coordinador de

ESPAZO manifestou que, desta suma, nace unha forza con clara capacidade de influencia

política e social ao contar xa cuns 300 membros e 800 simpatizantes.

Pola súa banda, a co-voceira de EQUO Galicia, manifestou que esta cooperativa política

contribuirá a que “se poida traballar dun xeito máis potente en espazos superadores das

nosas propias formacións e atribuíu o papel vertebrador destas futuras confluencias a

Mareas en Común.” Pinal engadiu que “ambas formacións estamos en sintonía á hora de

pensar no papel dos partidos como instrumentos para acompañar ás iniciativas cidadás”.

“Entendemos que os tempos políticos cambiaron e non queremos interpretar as nosas

formacións como compartimentos estancos centrados soamente nos períodos electorais

senón que queremos fortalecer procesos como as candidaturas municipalistas das

pasadas eleccións locais”, explicou a co-voceira.

Durante a comparecencia presentáronse os obxectivos e detalles da Asemblea Constituínte

de ESPAZO-EQUO do próximo sábado 28 de maio. Ademais da aprobación do documento

de confluencia que enmarcará o traballo da cooperativa política, a asemblea constituínte

abordará o debate de varias resolucións referidas:

- Ás eleccións xerais do 26X.

- Ao saneamento das rías.

- Reganosa.

- Á megaminería.

- Á Lei de Solo e Montes.

- Ao TTIP e ao CETA.

- Ás persoas refuxiadas.

- Ao feminicidio.

Na asemblea participarán como convidados representantes de Mareas en Común, ICV e

EQUO Federal, así como diversos colectivos sociais e de defensa do ben común. A

asemblea constituínte tamén servira para elixir os órganos de coordinación de ESPAZOEQUO

e a co-voceiría.

Categoría: Galicia
Visto: 4241