Información
Galicia

AGDSP rexeita burla defensa de Feijoo de Profesionais da saude

Información
24 Septiembre 2018 933 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Ante as declaracións de SR Feijoo de que comparecerá voluntariamente ante a Comisión Parlamentaria creada (a instancia dos tres grupos da oposición para analizar os recortes e privatizacións do Sistema Sanitario Público Galego coa presunta finalidade de defender aos profesionais sanitario), desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos denunciar:

 

1.- Que consideramos un exercicio de cinismo político e unha burla ao colectivo que o Presidente da Xunta se erixa defensor dos profesionais sanitarios dado que a súa política sanitaria desde que chego a poder estivo dirixida a reducir o gasto sanitario e favorecer ao sector privado recortando os dereitos dos mesmos.

2.- Entre a medidas adoptadas polo seu Goberno len este sentido cabria destacar os recortes de persoal obrigando aos profesionais a xubilarse contra a súa vontade aos 65 anos (sen repoñer as vacantes producidas); reducións salariais do 15-20%; a supresión de días de vacacións ; recortes nas prestacións económicas por enfermidade; precariedade laboral con mais da metade das plantillas en situación de provisionalidade; contratos lixo por horas ou días; ausencia de substitucións por vacacións ou enfermidade con repercuten en consultas masificadas en atención primaria; etc, etc.

3.- O Sr Feijoo non pode defender a uns profesionais aos que maltrata, senón que estes deben defender das súas políticas. As protestas de todos os sindicatos, colexios de médicos, organizacións profesionais e colectivos serven de exemplo para esta afirmación. Non se pode tomar o pelo a todo o mundo

4.- Consideramos que a creación desta Comisión, rexeitada pola Xunta é unha gran oportunidade para analizar e difundir as políticas recortes, privatizacións e desmantelamento do sistema e para propoñer medidas para a recuperación do sistema gravemente afectado polas mesmas en detrimento da saúde da poboación.

 

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

24 de setembro do 2018

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+