Información
Galicia

600 inscricións para participar na Carreira 10K Carballo que terá lugar o 19 de xuño polas rúas da vila

Información
22 Mayo 2016 2908 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Cartaz 10K Carballo

A gañadora da edición 2015, Vanessa Lafuente, no cartaz oficial da proba

A falta dun mes para a celebración da 10K Carballo, xa son máis de 600 as persoas inscritas para participar na carreira popular da capital de Bergantiños, un evento deportivo que gaña en cada edición en participación, público e resultados. O prazo segue aberto até o 15 de xuño, polo que se agarda completar as 1.200 prazas dispoñibles na categoría absoluta.

A proba dispútase por un circuíto de 10.000 metros totalmente urbano, aínda que as distancias varían en función das categorías

A 10K está organizada polo Concello de Carballo, a través de Carballo Deporte, coa colaboración da Deputación Provincial, a Federación Galega de Atletismo, Coca-Cola e Powerade. É unha carreira oficial da Federación Galega de Atletismo, que ademais está incluída no IV Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña e que se disputa por un circuíto homologado de 10.000 metros totalmente urbano, aínda que as distancias varían en función das 17 categorías establecidas.

Os dorsais poderán recollerse dende o día anterior

O 15 de xuño remata o prazo de inscrición e o domingo 19 dispútase a 10K. Tanto o día anterior, de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, como o mesmo día ata 30 minutos antes do inicio da proba, poderán retirarse os dorsais na planta alta do Mercado Municipal de Carballo. Os e as participantes disporán de servizos de gardarroupa, duchas e fisioterapia. As persoas que precisen máis información poden dirixirse ás oficinas de Carballo Deporte, na rúa Vila de Corcubión (tfno. 981 702 109).

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+